Miranda: “O lume que prendedes aquí esta noite é unha chama que une Suíza con Galicia, que nos lembra quen somos e de onde vimos”

O secretario xeral da Emigración acompaña á colectividade galega de Basilea e Xenebra na celebración do San Xoán, mantendo viva unha das tradicións máis emblemáticas da cultura galega no exterior.

  • Miranda: “O lume que prendedes aquí esta noite é unha chama que une Suíza con Galicia, que nos lembra quen somos e de onde vimos”

Listen to this page using ReadSpeaker
Suíza, 21 de xuño de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou este sábado na celebración do Día de Galicia e San Xoán organizada, en Basilea, pola Sociedade Galega Sementeira.

Durante a súa intervención, Miranda destacou o valor simbólico de manter a tradición do San Xoán fóra de Galicia como expresión da identidade colectiva, e recoñeceu o papel que desenvolve a entidade como centro de referencia cultural. “Hoxe máis que nunca cómpre agradecer o esforzo de quen mantén viva a chama da galeguidade, mesmo lonxe da terra”, afirmou.

A entidade, que conta cun grupo de gaita e baile propio, organiza anualmente actividades culturais, sociais e festivas que fortalecen os vínculos coa terra de orixe. 

O secretario xeral lembrou o compromiso da Xunta co apoio ás comunidades galegas do exterior, a través do recoñecemento oficial e das axudas para o funcionamento e dinamización cultural.

Xa pola tarde, o secretario desprazouse a Xenebra para celebrar o San Xoán coa Irmandade Galega e colectividade galega nesta zona de Suíza. O responsable de Emigración quixo agradecer o labor da Irmandade Galega na Suíza pola súa traxectoria na difusión da cultura e lingua galegas, así como polo seu papel como espazo de acollida e convivencia. Tamén animou á colectividade a seguir fortalecendo os vínculos coa terra, a través dos programas que a Xunta de Galicia pon ao seu dispor.

350 lecturas