A Xunta leva o mellor do cinema galego ao Centro Alma Gallega de Montevideo grazas ó Ciclo Mestre Mateo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 10 de xuño de 2025.

O Centro Cultural e Recreativo Alma Gallega de Montevideo acolle nestes meses o Ciclo Mestre Mateo, unha programación especial de cinema galego que leva ás colectividades do exterior algunhas das mellores películas e documentais finalistas dos premios que outorga a Academia Galega do Audiovisual. Esta iniciativa permite achegar o audiovisual galego á diáspora e compartir co público uruguaio unha mostra da creatividade e do talento do sector cinematográfico de Galicia.

A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai asistiu a primeira das proxeccións deste ciclo, que ofrece unha programación variada e de acceso libre, cunha ampla representación de xéneros e temáticas. A través destas sesións, Montevideo convértese nun novo punto de encontro coa cultura galega contemporánea, fortalecendo os vínculos culturais entre Galicia e Uruguai.

395 lecturas