A delegada da Xunta en Uruguai participa no Ciclo Mestre Mateo no Padroado da Cultura Galega de Montevideo

  • A delegada da Xunta en Uruguai participa no Ciclo Mestre Mateo no Padroado da Cultura Galega de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 21 de xullo de 2024.

A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez asistiu ao Padroado da Cultura Galega de Montevideo para a proxección da película Matria, participando no Ciclo Mestre Mateo.

A delegada confesou que era un pracer estar presente representando á Xunta na apertura deste ciclo que "xorde coa colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración, a Academia Galega do Audiovisual e as entidades galegas no exterior, que levarán o cine feito en Galicia, e concretamente as mellores películas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe, mellor longametraxe de animación e mellor documental para os galegos residentes fóra de Galicia". Asegurou que desta forma "dase a coñecer na Galicia do exterior o traballo do sector audiovisual galego".

374 lecturas