Miranda reúnese co vicepresidente da Hermandad Gallega de Venezuela

Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co vicepresidente da Hermandad Gallega de Venezuela, José Manuel Vieitez, para abordar a situación actual da comunidade galega en Venezuela e exploraron formas de reforzar o apoio institucional ás actividades culturais e sociais da Hermandad. Miranda destacou a importancia de manter o vínculo con Galicia e ofrecer soporte aos galegos e galegas que residen no país suramericano.
 
Vieitez agradeceu o compromiso da Xunta de Galicia e subliñou a relevancia das iniciativas conxuntas para mellorar a calidade de vida da comunidade galega en Venezuela.
 

366 lecturas