Miranda recibe ao secretario do Centro Gallego de México
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2021.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas ao secretario do Centro Gallego de México A.C., co obxectivo de trasladarlle a situación que está a vivir o colectivo na capital do país azteca.
O Centro Gallego de México Asociación Civil conta con 1.400 familias asociadas, e con numerosas actividades para as galegas e galegos residentes na capital mexicana, como son clases de gaita, pandeireta, música e baile galego e varios tipos de deportes. Trátase dun auténtico referente para a comunidade española de México, un país que conta con preto de 14.800 cidadás e cidadáns galegos residentes.
Novas relacionadas




