Miranda recibe ao secretario do Centro Gallego de México

Antonio Rodríguez Miranda e Manuel Ferradás, na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Antonio Rodríguez Miranda e Manuel Ferradás, na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas ao secretario do Centro Gallego de México A.C., co obxectivo de trasladarlle a situación que está a vivir o colectivo na capital do país azteca.

O Centro Gallego de México Asociación Civil conta con 1.400 familias asociadas, e con numerosas actividades para as galegas e galegos residentes na capital mexicana, como son clases de gaita, pandeireta, música e baile galego e varios tipos de deportes. Trátase dun auténtico referente para a comunidade española de México, un país que conta con preto de 14.800 cidadás e cidadáns galegos residentes.

547 lecturas