53 anos de amor e dedicación á Cultura Hispano-Galega

O pasado mes de novembro a Asociación Cultural Caballeros de Santiago festexou o seu 53º aniversario.

Esta entidade con galeguidade recoñecida acolle a moitos galegos e galegas de Salvador de Baía, onde reside unha importante colectividade galega.

  • No acto de aniversario aproveitouse para homenaxear a Manuel Cima Dura e Benjamin Martínez Casales, destacadas figuras da colectividade en Salvador
    No acto de aniversario aproveitouse para homenaxear a Manuel Cima Dura e Benjamin Martínez Casales, destacadas figuras da colectividade en Salvador

  • O acto contou con numeroso público asistente, así como autoridades consulares e locais, que gozaron das actuacións musicais tradicionais do noso floclore
    O acto contou con numeroso público asistente, así como autoridades consulares e locais, que gozaron das actuacións musicais tradicionais do noso floclore

Listen to this page using ReadSpeaker
Salvador de Baía, 22 de novembro de 2013.

A Asociación Cultural Caballeros de Santiago conmemorou, o día 21 de novembro de 2013, 53 anos dunha tradicional e emprendedora prestación de servizos á comunidade baiana. Fundada en 1960 tendo como primeiro presidente a Manuel Nemésio Sanches, trasladouse á súa sede propia en 1989, no cultural, bohemio e ecléctico barrio do Río Vermelho, dando continuidade aos servizos de excelencia académica no curso de lingua e danza española.

Nesta ocasión a Institución , representada polo seu presidente Santiago Campo e directores tiveron o honor de homenaxear a dous ilustres galegos, o Sr. Manuel Cima Dura (Sr. Penedo - Gaiteiro ) que mesmo aos 93 anos é un gran entusiasta da cultura musical galega a través da gaita, sendo fundador do grupo Os Celtas, feito que aínda o emociona ao relatar a loita para formar e manter vivo o grupo e as tradicións hispano-galegas, propagándoas ás e aos máis novos incluíndo ao seu neto. Nesta oportunidade foi tamén homenaxeado o Sr. Benjamin Martínez Casales responsable da transmisión do programa Hora de España, a través da radio Metrópole, que se emite os domingos, procurando manter informada á comunidade hispano-galego-baiana con informacións das institucións españolas na Baía, de España e en particular de Galicia, a través de entrevistas e información sobre a colectividade, entre outras. Con lastre nas funcións artísticas e culturais, estes dous galegos buscan facernos relembrar os bos momentos da " terriña ", así como promovendo, creando unha sinerxía e atraendo xente a nosa cultura, cos que a comunidade só pode agradecerlles o seu labor.

O acto seguiuse coa espectacular presentación do grupo de baile de Caballeros, dirixido pola profesora Margarete Lusquiños. O evento foi prestixiado coas presenzas ilustres do cónsul de Portugal e demais representantes da Comunidade Portuguesa, do Consulado de España, ademais de persoas asociadas, directivas, alumnas e alumnos,  funcionariado e representantes doutras entidades españolas e locais.

Fonte e fotos: www.caballeros.com.br

888 lecturas