Miranda reúnese co Presidente da Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago a quen agradeceu o apoio para trasladar á información sobre as Políticas de Retorno da Xunta aos Galegos do Brasil
Esta asociación agrupa unha importante cifra de galegos do exterior residentes en Brasil, con máis de 300.
A entidade mantén aberto unha oficina de atención social co apoio da Secretaría Xeral da Emigración a través dun acordo de apoio económico que supón unha axuda de 7.000 euros.
- Miranda reúnese co Presidente da Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago a quen agradeceu o apoio para trasladar á información sobre as Políticas de Retorno da Xunta aos Galegos do Brasil
- Miranda reúnese co Presidente da Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago a quen agradeceu o apoio para trasladar á información sobre as Políticas de Retorno da Xunta aos Galegos do Brasil
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago (Brasil), Francisco Javier Piñeiro Garrido, para analizar a situación da propia entidade e das necesidades da colectividade galega residente no país brasileiro que conta cunha importante cifra de galegos do exterior, preto de 50.000, sendo o segundo país do continente americano onde máis cidadáns galegos residen tras Arxentina.
Nesta reunión, Miranda e Piñeiro destacaron a firma dun acordo de colaboración no que a Secretaría Xeral da Emigración destina 7.000 euros para o mantemento e asesoramento dun punto de atención social nesta entidade en Salvador de Bahía. Neste senso, o secretario xeral agradeceu a colaboración da entidade para o traslado da información sobre as políticas de retorno e de axuda social da Xunta aos galegos residentes neste estado brasileiro.
A Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa, actualmente, a máis de 300 socios galegos.
Novas relacionadas