A Asociación Caballeros de Santiago de Salvador de Baía celebrou o Día das Letras Galegas 2018

  • A entidade galega na capital bahiana homenaxeou a María Victoria Moreno e, tamén, ao empresario José Rosario Rodeiro
    A entidade galega na capital bahiana homenaxeou a María Victoria Moreno e, tamén, ao empresario José Rosario Rodeiro
  • A entidade galega na capital bahiana homenaxeou a María Victoria Moreno e, tamén, ao empresario José Rosario Rodeiro
    A entidade galega na capital bahiana homenaxeou a María Victoria Moreno e, tamén, ao empresario José Rosario Rodeiro
Listen to this page using ReadSpeaker
Salvador de Bahía, 2 de xuño de 2018.

O pasado 16 de maio de 2018 a Asociación Cultural Hispano Galega-Caballeros de Santiago, celebrou as Letras Galegas. A homenaxeada deste ano foi a escritora María Vitoria Moreno, quen se dedicou á literatura infantil e xuvenil galega. María Victoria Moreno naceu en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1º de maio de 1939 e faleceu en Pontevedra o día 22 de novembro de 2005. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. A relatora Araceli Luna Magariños, do Celga – Ufba, falou sobre a vida e obra da homenaxeada tras ser exhibido un vídeo sobre a súa vida e, despois, foi proxectado outro vídeo máis realizado polo grupo musical Fuxan os Ventos, que publicou unha canción para homenaxear a María Vitoria Moreno Márquez, musicando un poema da súa autoría, Lúa de prata. Deseguido foi presentada ás e os presentes Vitória Sacramento Moreira, alumna de Caballeros que foi agraciada cunha bolsa de estudos do curso de español, na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Galicia – España.

Nunha noite memorabl, a institución, representada polo presidente Santiago Campo e xunta directiva, homenaxeou coa Medalla Gran Cruz Caballeros de Santiago ao gran empresario industrial, socio de Caballeros, e o máis antigo inmigrante galego de Baía, D. José Rosario Rodeiro. José naceu no pobo de A Laxe (Fornelos de Montes - Pontevedra), o 13 de febreiro de 1918. O día 1º de xaneiro de 1930, chegou a Salvador e xuntouse ás e aos seus coterráneos rumbo ao descoñecido. A pesar da súa curta idade, José Rodeiro tiña perseveranza e moita garra, e aos 17 anos xa tería o seu propio negocio. Con moitos erros e acertos, José prosperou, e hoxe é un gran empresario industrial, responsable do éxito de dúas grandes empresas brasileiras, exemplo de forza e coraxe, constituíu unha bonita e gran familia. José é un orgullo para Baía, xerou empregos e cambiou a vida de moita xente para mellor cando fundou as súas dúas grandes empresas. A homenaxe deixou ao público, que aínda non coñecía a historia da súa vida, emocionado e feliz coa traxectoria de fe, loita e determinación deste inmigrante emprendedor. Foi exhibido un vídeo sobre a traxectoria de José, feito pola familia e narrado polas e polos fillos e netos.

Culminando esa noite inesquecible, a Escola de Danza de Caballeros, baixo a coordinación da profesora e coreógrafa Margareth Lusquiños, e o grupo de gaitas “Os Celtas”, dirixido por Manuel Miguez, presentaron un show galego, que retratou no escenario a historia do inmigrante José a través da música, baile, canto e gaita, tendo como apertura o poema Inmigrante de Rosalía de Castro, na voz de Amancio Prada. O corpo de baile está composto por alumnas e alumnos, profesionais, e un grupo de doce nenas e nenos, que alegraron a noite a descendentes e non descendentes, todas e todos amantes da cultura Galega.

Tras as conmemoracións no auditorio Orsi Pousada, os invitados e invitadas dirixíronse ao Salón Nobre, e puideron gozar da Tradicional Queimada galega elaborada polo director de Cultura Manuel Miguez, acompañado da galega Araceli Magariños que recitou o Conxuro. Servíronse sangría, tortillas e empanada galega.

Estiveron presentes a familia de D. José Rosário Rodeiro, que na ocasión doou para a Biblioteca da institución o libro sobre a súa historia Um homem e seu sonho, escrito por Aurélio Schommer; o cónsul de Cuba, Alexis Lázaro Cruz Moracén, quen tamén doou o libro Ángel, la raíz gallega de Fidel, da xornalista Katiuska Blanco Castiñeira; prestixiando tamén o evento asistiron o cónsul de Arxentina, Pablo E. Virasoro, e o vice-cónsul, Santiago Transmonte; a presidenta do CRE-BA, Mirian Oitaven Boulhosa; a presidenta do Hospital Español, Nieves Andrés González; a representante do reitor de UFBA e Directora da  Facultade de Letras, Fernanda Almeida Vita; e a Comunidade Galega e toda a xunta directiva.

A Asociación Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago segue firme no seu compromiso de difundir a cultura hispánica, e en especial a galega, en Baía.

 

Fonte e fotos: Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago

618 lecturas