Os secretarios xerais da Emigración e Política Lingüística entrevistáronse co presidente e o vicepresidente da Asociación Caballeros de Santiago de Salvador de Baía

A xuntanza tivo lugar esta mañá nas oficinas de Emigración na capital de Galicia.

De esquerda a dereita: Ventim, Miranda, Coelho e García
De esquerda a dereita: Ventim, Miranda, Coelho e García
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2015.

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e de Política Lingüística, Valentín García, entrevistáronse esta mañá na sede da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela con Santiago Coelho e Laureano Ventim, presidente e vicepresidente respectivamente da Associação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago (de Salvador de Baía - Brasil).

1635 lecturas