O Ministerio de Trabajo y Seguridad Social publica os datos estatísticos das persoas estranxeiras con certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor
En Galicia son 99.501 persoas, o que supón o 1,86 % do total de España.
Nas provincias galegas, a listaxe está encabezada pola Coruña (36.922 persoas), seguida por Pontevedra (34.330), Ourense (14.799) e Lugo (13.450).
A nivel estatal, Cataluña é a comunidade con maior número de estranxeiros e estranxeiras residentes con 1.228.754 persoas (un 22,92 % do total do estado).
Os últimos datos publicados correspóndense ao terceiro trimestre de 2012.
O Ministerio de Empleo y Seguridad Social publica, trimestralmente, os datos referidos aos estranxeiros e estranxeiras residentes en España que dispoñen de certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor con data de referencia o último día de cada trimestre (neste caso o 30 de setembro de 2012). Trátase dunha operación estatística incluída no Plan Estadístico Nacional, que elabora o Observatorio Permanente de la Inmigración a partir de ficheiros procedentes do Registro Central de Extranjeros, que é xestionado pola Dirección General de la Policía.
- Principais resultados: Trátase dun informe con periodicidade trimestral que explora as principais características das persoas estranxeiras residentes. Por un lado ofrécese unha análise comentada dunha selección de táboas e gráficos representativa da situación xeral, e por outro inclúese un anexo estatístico de táboas máis completo.
-Principais resultados a 30 de setembro de 2012 (picar aquí para descargar)
-Anexo de táboas a 30 de setembro de 2012 (picar aquí para descargar)
- Resultados detallados: Este apartado ofrece unha relación exhaustiva de táboas con periodicidade trimestral nas que se describen todas as variables relativas ás autorizacións de residencia, clasificadas pola nacionalidade e o sexo da persoa estranxeira, a comunidade autónoma e a provincia de residencia.
Novas relacionadas




