O Ministerio de Trabajo y Seguridad Social publica os datos estatísticos das persoas estranxeiras con certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor

En Galicia son 99.501 persoas, o que supón o 1,86 % do total de España.

Nas provincias galegas, a listaxe está encabezada pola Coruña (36.922 persoas), seguida por Pontevedra (34.330), Ourense (14.799) e Lugo (13.450).

A nivel estatal, Cataluña é a comunidade con maior número de estranxeiros e estranxeiras residentes con 1.228.754 persoas (un 22,92 % do total do estado).

Os últimos datos publicados correspóndense ao terceiro trimestre de 2012.

'Extranjeros residentes en España a 30 de septiembre de 2012. Principales Resultados'.
"Extranjeros residentes en España a 30 de septiembre de 2012. Principales Resultados".
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 5 de decembro de 2012.

O Ministerio de Empleo y Seguridad Social publica, trimestralmente, os datos referidos aos estranxeiros e estranxeiras residentes en España que dispoñen de certificado de rexistro ou tarxeta de residencia en vigor con data de referencia o último día de cada trimestre (neste caso o 30 de setembro de 2012). Trátase dunha operación estatística incluída no Plan Estadístico Nacional, que elabora o Observatorio Permanente de la Inmigración a partir de ficheiros procedentes do Registro Central de Extranjeros, que é xestionado pola Dirección General de la Policía.

  • Principais resultados: Trátase dun informe con periodicidade trimestral que explora as principais características das persoas estranxeiras residentes. Por un lado ofrécese unha análise comentada dunha selección de táboas e gráficos representativa da situación xeral, e por outro inclúese un anexo estatístico de táboas máis completo.


     -Principais resultados a 30 de setembro de 2012 (picar aquí para descargar)
    
     -Anexo de táboas a 30 de setembro de 2012 (picar aquí para descargar)

 

  • Resultados detallados: Este apartado ofrece unha relación exhaustiva de táboas con periodicidade trimestral nas que se describen todas as variables relativas ás autorizacións de residencia, clasificadas pola nacionalidade e o sexo da persoa estranxeira, a comunidade autónoma e a provincia de residencia.

 

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

2078 lecturas