Unha comedia recreará a vida da colonia galega en Estados Unidos.

O director Alber Ponte realizará a rodaxe da película Little Galicia en Nova Jersey, Ponte Ulla e probablemente en Lalín.

Listen to this page using ReadSpeaker
13 de xaneiro de 2011.

En primavera, o director galego Alber Ponte empeza a rodaxe en Estados Unidos de Little Galicia, unha comedia que recreará a vida da colonia galega en Nova Jersey. Segundo o director, que tamén escribiu o guión, a película céntrase en «un fin de semana de dous galegos en Nova York nos cales vivirán unha serie de circunstancias que farán que as súas vidas xa non volvan ser as mesmas». Ademais do estado norteamericano, tamén se realizarán rodaxes en Ponte Ulla (Vedra) e posiblemente en Lalín.

Alberto San Juan, Fran Grela, Mabel Rivera, José Ángel Egido, Camila Bossa e Sancho Gracia son algúns dos actores que forman parte da repartición desta produción. Ademais, Luis Tosar, consagrado no 2010 cun premio Goya, fará unha pequena participación en Little Galicia. A película será unha produción de grande envergadura na que participan a produtora de Ponte, Sierra Madre, e a de Pedro Masó, con intervención de diversos organismos e televisións públicas.

«Little Galicia é unha comedia sobre o necesarias que son ás veces as mentiras e como en ocasións necesitamos falsear a realidade para sobrevivir, sobre a perda da patria, sobre o orgullo», engadiu ponte.

2444 lecturas