Miranda: “A Casa de Galicia de Nova York leva oito décadas e media sendo unha ponte entre Galicia e os seus emigrantes”
Santiago de Compostela (A Coruña), 19 de setembro de 2025.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co presidente da Casa de Galicia de Nova York, no marco da preparación dos actos de conmemoración do 85 aniversario desta histórica entidade da diáspora galega, que se celebrarán o vindeiro mes de outubro.
Durante a reunión, analizáronse as actividades previstas con motivo desta efeméride, coas que a Xunta tamén colabora, amosando así o apoio e recoñecemento do Goberno galego a unha das institucións máis veteranas e representativas da colectividade no exterior. Miranda subliñou a importancia da Casa de Galicia de Nova York como espazo de encontro, conservación da cultura e proxección internacional de Galicia.
Novas relacionadas




