Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Maio2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana A Guarda, Muxía e Poio audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos... Máis información
-
10Maio2024Rodríguez Miranda recibe ao secretario do Centro Español del Perú co compromiso de intensificar a divulgación dos programas de retorno neste país audio O secretario do centro, Pablo Vázquez Cortizo, compartiu co secretario xeral da Emigración a situación dos galegos e galegas residentes no Perú. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao secretario do Centro Español del Perú, Pablo Vázquez Cortizo, co que tratou, entre outros temas, a situación da colectividade galega que alí reside. O encontro serviu tamén para falar de futuros proxectos do centro, entre os que... Máis información
-
10Maio2024Xuventude ofrece preto de 800 prazas para este verán no albergue de Gandarío en Bergondo audio A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visita as instalacións nas que tamén se facilita a participación de medio cento de mozos e mozas de familias emigrantes galegas. Desenvolveranse actividades de robótica, drons ou videoxogos para fomentar a vocación tecnolóxica entre a rapazada. A campaña de verán da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para este 2024 conta máis de 11.500 prazas, o que supón outro récord histórico. A directora... Máis información
-
09Maio2024Emigración lembra que o prazo de solicitudes para o programa “Conecta co Camiño” remata o 20 de maio audio Os participantes percorrerán oito tramos a pé polo Camiño Portugués pola Costa ata Compostela, coñecendo aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. A Xunta de Galicia lembra que o prazo de inscrición para o programa "Conecta co Camiño" finaliza o próximo 20 de maio. Esta iniciativa ten coma obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, coñecendo a realidade da Galicia actual e... Máis información
-
08Maio2024Últimos días para inscribirse no programa “Conecta con Galicia” que posibilitará a convivencia en Galicia este verán de 50 mozos galegos do Exterior audio Este programa ten coma obxectivo facilitar á mocidade galega do Exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. A Xunta de Galicia recorda aos mozos galegos residentes no Exterior que o prazo para inscribirse no programa “Conecta con Galicia” está a piques de finalizar. Este programa ofrece a 50 mozos a oportunidade de convivir en Galicia durante o mes de xullo, mergullándose na cultura e realidade actual galega. “Conecta con Galicia” ten... Máis información
-
05Maio2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Padrón, Avión, Palas de Rei e Val do Dubra audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
04Maio2024Rueda reúnese co responsable de Pesca da Arxentina e con empresas pesqueiras galegas para visibilizar e afianzar a importancia do sector no país audio Traslada a tranquilidade que lle transmitiu López Cazorla ao asegurarlle que as incertezas que había a principios de ano “non se van producir finalmente e que, polo tanto, esa estabilidade que demandan as empresas galegas vaise manter”. Compromete a colaboración, apoio e diálogo da Xunta para cun sector que xera uns 5.500 empregos no país suramericano. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe cadanseu encontro de traballo co... Máis información
-
04Maio2024Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co ánimo de preservar os intereses da colectividade galega na capital arxentina audio Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir creando riqueza. Reitera a importancia destas viaxes para seguir reforzando a colaboración coa colectividade galega no país de cara á Década Xacobea. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, Jorge Macri, durante o... Máis información
-
03Maio2024Rueda traslada o apoio da Xunta ás empresas galegas pesqueiras asentadas na Arxentina audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, continuou hoxe a súa viaxe institucional á Arxentina visitando máis empresas pesqueiras de capital galego asentadas no país. Nesta ocasión, desprazouse a Puerto Deseado, na Patagonia, para coñecer de primeira man as plantas de Vieira Argentina, Argenova e Pesquera Puerto Deseado. Nas visitas, nas que estivo acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
-
03Maio2024Rueda visita o Centro Galego de Comodoro Rivadavia na súa viaxe por Arxentina audio Salienta que a entidade conte cun museo sobre a emigración, fundamental para entender a historia de Galicia. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou onte o Centro Galego de Comodoro Rivadavia, un lugar de encontro para a colectividade galega que leva activo desde hai máis dun século. Durante o encontro, resaltou o gran labor que centros coma este realizan desde hai décadas para difundir a lingua e cultura galegas por todo o mundo e,... Máis información
Páxinas |