Últimos días para inscribirse no programa “Conecta con Galicia” que posibilitará a convivencia en Galicia este verán de 50 mozos galegos do Exterior

Este programa ten coma obxectivo facilitar á mocidade galega do Exterior o contacto coa realidade da Galicia actual.

Últimos días para inscribirse no programa “Conecta con Galicia” que posibilitará a convivencia en Galicia  este verán de 50 mozos galegos do Exterior
Últimos días para inscribirse no programa “Conecta con Galicia” que posibilitará a convivencia en Galicia este verán de 50 mozos galegos do Exterior
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024.

A Xunta de Galicia recorda aos mozos galegos residentes no Exterior que o prazo para inscribirse no programa “Conecta con Galicia” está a piques de finalizar. Este programa ofrece a 50 mozos a oportunidade de convivir en Galicia durante o mes de xullo, mergullándose na cultura e realidade actual galega.

“Conecta con Galicia” ten como obxectivo principal facilitar á mocidade galega do Exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. Este programa está especialmente dirixido a persoas de 16 e 17 anos que residan no estranxeiro, sexan nados en Galicia ou descendentes de emigrantes galegos. A través desta iniciativa, preténdese fortalecer os vínculos culturais e familiares, ofrecendo aos participantes a primeira oportunidade en moitos casos de coñecer fisicamente a terra dos seus antepasados.

Os participantes terán a oportunidade de aloxarse no albergue xuvenil de Gandarío, onde realizarán diversas actividades lúdicas e deportivas. Así mesmo, participarán en visitas culturais e terán a oportunidade de visitar empresas punteiras en diversos puntos de Galicia.

O prazo para inscribirse finaliza o 20 de maio de 2024. É unha oportunidade única para os mozos galegos do Exterior de experimentar un verán inesquecible na súa terra natal.

240 lecturas