Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
22Febreiro2023A Xunta celebrará en Galicia a finais de setembro o Consello de Comunidades Galegas audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, no que se estableceron os relatorios que serán obxecto de traballo neste encontro e que estarán centrados nos eidos da galeguidade, a cultura, o ámbito social e o retorno. A reunión permitiu coñecer o informe da actividade da Secretaría Xeral da Emigración durante o 2022, destacando as de promoción do Xacobeo e a... Máis información
-
22Febreiro2023A Xunta leva a Suíza o programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrece, en Galicia, ata 400 postos de traballo indefinidos para galegas e galegos do exterior audio O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zürich as liñas básicas da nova Estratexia Galicia Retorna (ERG2026), integrada por un cento de medidas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Estará acompañado de representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines, quen exporán os detalles da iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que ofrece... Máis información
-
21Febreiro2023Miranda felicita ao Centro Galego de Valparaíso polos seus 30 anos de traballo en prol da cultura galega en Chile audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co delegado do Centro Galego de Valparaíso de Chile en Galicia, Miguel Ángel Jopia, co obxectivo de analizar as actividades que están a desenvolver nos últimos meses nesta entidade e as que xa se están a proxectar de cara ao 2023, ano especialmente importante para esta agrupación, xa que chega ao seu 30 aniversario. Neste senso, aproveitou para felicitar ás e... Máis información
-
21Febreiro2023Galería de imaxes dos actos de presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 e da entrega de compostelas en Bos Aires audio A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, fixo entrega no Club Español de Bos Aires das compostelas e diplomas ás e aos participantes nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo do pasado ano. Ademais, a continuación, nese mesmo espazo tamén tivo lugar a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 da Xunta de Galicia, que duplica tanto en medidas como en orzamento á anterior, pioneira en España e aprobada en... Máis información
-
20Febreiro2023A Xunta presentará en Suíza, o país europeo con maior colectividade galega, a Estratexia Galicia Retorna audio O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zürich as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Xunto a Antonio Rodríguez Miranda, representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines exporán os detalles do novidoso programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrecerá formación e un contrato indefinido... Máis información
-
18Febreiro2023Emigración e o Centro Galego de Lleida presentan o novo número da revista Xurdimento dentro da Semana Cultural da entidade catalá audio A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, participou onte na presentación do novo número da revista Xurdimento do Centro Galego de Lleida. Esta actividade, que se engloba dentro da Semana Cultural desta entidade, reuniu a un bo número de socias e socios e colaboradores e colaboradoras do centro, e permitiu coñecer o contido desta revista que recolle as... Máis información
-
17Febreiro2023Miranda comparte unha visita á Cidade da Cultura con medio cento de mozos e mozas do grupo do Estadio Español de Las Condes (Chile) audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu hoxe con medio cento de mozos e mozas pertencentes ao grupo do Estadio Español de Las Condes de Chile, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por España e que, nestes días, permitiulles coñecer Santiago de Compostela. Deste xeito, esta visita achégaos á cultura galega, potenciando así os vínculos de moitas e moitos deles, descendentes... Máis información
-
17Febreiro2023A figura de Castelao centra o acto do Centro Gallego de Montevideo ao que asistiu a delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto cultural organizado polo Centro Gallego de Montevideo centrado na figura de Castelao. Baixo o título Castelao, un galego universal, un cento de asistentes puideron coñecer algo máis da figura e da obra do insigne escritor, político e debuxante galego. No acto estivo presente o presidente do Centro Gallego de Montevideo, Ramón Lorenzo, tamén a presidenta da Federación de... Máis información
-
16Febreiro2023A Xunta destina 1,35M€ para axudar a que as entidades do exterior poidan continuar promocionando a cultura galega audio O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que apoia tamén accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude. Este ano auméntase a dotación co obxectivo de poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito... Máis información
-
15Febreiro2023A Secretaría Xeral da Emigración e Casa de Galicia presentan, en Madrid, o libro “Arrieiros Somos” de Rubén Riós audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, presentaron esta tarde na capital de España o libro Arrieiros Somos do xornalista e actor Rubén Riós, inspirado nas vidas dos protagonistas da súa web homónima. O secretario xeral destacou a importancia de darlle voz “aos nosos maiores, en especial, a aqueles que viven no rural e que son a base da nosa sociedade”. O libro está... Máis información
Páxinas |