A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, xunto co secretario xeral da Emigración, visitou en Salvador de Bahía a feira de emprego impulsada polo Goberno galego.

José González subliña que nestas citas se pon en contacto aos galegos e galegas en idade laboral e residentes no Brasil con empresas galegas que ofertan postos de traballo en sectores clave como o metalmecánico, o naval, enerxías renovables ou TIC.

Destaca que esta acción está vinculada ao programa Retorna Cualifica Emprego, do que se lanzou a terceira edición coa que se busca o retorno con traballo de 200 persoas galegas do exterior e na que se poden inscribir as persoas interesadas.

Na actualidade, no Retorna Cualifica Emprego hai 70 empresas galegas que están ofertando máis de 500 postos de traballo, que abranguen diversos sectores como a construción, a hostalería ou a loxística, entre outros.

Ademais das oportunidades profesionais, nestes encontros deuse conta do acompañamento integral que ofrece o Goberno galego no proceso de retorno e as novas medidas para facilitar o acceso a vivenda, especialmente no rural.

  • A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas.
    A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas.
  • A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas.
    A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas.
  • A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas.
    A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas.
  • A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas.
    A Xunta potencia nas feiras de emprego do Brasil o modelo galego de atracción de talento co foco no retorno con traballo das persoas galegas.
Listen to this page using ReadSpeaker
Salvador de Bahía (Brasil), 9 de xuño de 2026.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou —na sede do Club Español— a segunda cita da feira de emprego que a Xunta de Galicia impulsa este ano no Brasil e que dá continuidade á celebrada o pasado sábado en São Paulo. Alí, o conselleiro tamén se reuniu con membros do Club Español e subliñou que o fin de ambas citas é poñer en contacto aos galegos e galegas en idade laboral e residentes no Brasil con empresas galegas que ofertan postos de traballo en sectores clave como o metalmecánico, o naval, as enerxías renovables ou as TIC.

Neste sentido, expuxo que estas feiras contribúen a reforzar modelo propio de atracción de talento impulsado pola Xunta de Galicia, baseado nunha migración ordenada, segura e vinculada ás necesidades reais das empresas galegas. Un modelo, engadiu, que aposta pola integración sociolaboral e o beneficio da comunidade. Nel, explicou José González, ponse o foco nos galegos do exterior nun primeiro eixo e, nun segundo, nos traballadores de terceiros países, especialmente de América Latina. Ao mesmo tempo, con el contribúese a dar reposta ao reto de cubrir as vacantes existentes no mercado de traballo autonómico.

Ademais, lembrou que as feiras están vinculadas ao programa Retorna Cualifica Emprego, incluído na Estratexia Galicia Retorna, do que se lanzou a terceira edición coa que se busca o retorno con traballo de 200 persoas galegas do exterior e na que se poden inscribir as persoas interesadas. De feito, nestas feiras, técnicos da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego informáronlles aos asistentes sobre este programa e outras vías de apoio e liñas de axudas.

Máis de 500 postos de traballo ofertados no Retorna Cualifica Emprego.

En canto ás oportunidades laborais vencelladas ao Retorna Cualifica Emprego, o conselleiro expuxo que, na actualidade, dentro desta iniciativa hai 70 empresas galegas que están manifestando interese en contratar e están ofertando máis de 500 postos de traballo, dos que os máis ofertados abranguen diversos sectores como a construción, a hostalería ou a loxística, entre outros. 

Coas dúas anteriores, o Retorna Cualifica Emprego xa permitiu que 400 galegos cunha media de 35 anos volvesen desde 21 países acompañados por familiares —en total, outras 160 persoas— para traballar en 60 concellos distintos. Entre os seus países de procedencia están Arxentina, Uruguai, Cuba, Venezuela, Brasil, Colombia, México, Reino Unido, Alemaña ou Suíza; e as súas ocupacións abranguen sectores como a hostalaría, a industria, a construción, o comercio, os servizos ou o agrogandeiro.

Información e asesoramento sobre o retorno.

Nas feiras de emprego, os asistentes tamén participaron en actividades, charlas e talleres prácticos impartidos por persoal de distintos departamentos da Xunta. Ademais do persoal da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego e dos representantes do tecido produtivo galego e clústeres, nestas citas tamén estiveron técnicos da Secretaría Xeral de Emigración para difundir as medidas de retorno e da Axencia Galega de Innovación, que deron conta das oportunidades de carreira no ecosistema galego de I+D+i e nos centros tecnolóxicos. Tamén se deu conta do acompañamento integral que ofrece a Xunta no proceso de retorno, incluíndo asesoramento administrativo, apoio para a integración social e laboral e medidas para facilitar o acceso á vivenda, especialmente no rural.

Coa asistencia á feira de emprego en Salvador de Bahía, finaliza a axenda do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no Brasil, onde estes días, ademais de asistir ás dúas citas da feira de emprego, mantivo diferentes encontros en São Paulo, Santos e Salvador de Bahía con membros de entidades vinculadas á colectividade galega. Deste xeito, a Xunta busca, por unha banda, seguir conectando o talento da Galicia exterior coas oportunidades laborais do tecido produtivo galego, co foco no retorno da cidadanía galega emigrada e dos seus descendentes. Por outra banda, tamén trata de impulsar os lazos que unen Galicia e O Brasil e preservar a identidade galega neste país. 

387 lecturas