Novas
Buscador
- O delegado da Xunta na Arxentina asistiu á celebración do centenario da Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas en Bos Aires 24.05.2023 audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu aos actos de celebración do centenario da Asociación Civil Hijos del Ayuntamiento de Zas en Bos Aires, no que participaron numerosas e numerosos galegos e descendentes de galegas e galegos afincados na capital arxentina. Neste acto, López Dobarro agradeceu o labor desta entidade... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai acompañou a andaina coa que se inaugurou a nova sinalización do Camiño de Santiago en Montevideo 24.05.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, participou nun tramo da andaina organizada pola Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, dende a mouteira situado na planta José Añón da empresa de transporte Cutcsa ata a que se atopa instalado na Praza Galicia na Rambla de Montevideo, en total uns vinte e cinco quilómetros. O... Máis información
- Emigración e Política Lingüística comparten unha visita á Cidade da Cultura con vinte mozos e mozas do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres 23.05.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compartiron hoxe con vinte mozos e mozas pertencentes ao Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, unha visita guiada pola Cidade da Cultura, dentro da viaxe que están a realizar por Galicia e que, nestes días... Máis información
- As entidades galegas na Arxentina celebran o Día das Letras Galegas enxalzando a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego 23.05.2023 audio Os centros galegos da Arxentina desenvolveron nos últimos días diversos actos para enxalzar a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. O delegado da Xunta neste país, Alejandro López Dobarro, acompañou a algunhas destas entidades, destacando a importancia da colectividade para... Máis información
- Emigración destina 20.000 € á Associação Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro para a atención socioasistencial das e dos maiores galegos 22.05.2023 audio Esta axuda ten como obxectivo contribuír na mellora do benestar social e a calidade de vida dos galegos e galegas con dificultades económicas residentes nesta cidade. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun acordo de colaboración, 20.000 euros para a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de... Máis información
- A delegada da Xunta no Uruguai celebrou o Día das Letras Galegas con diversas entidades galegas do país do Cono Sur 22.05.2023 audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos diferentes actos celebrados polo Día das Letras Galegas en varias das entidades de Montevideo, como A Casa de Galicia, o Patronato da Cultura Galega, O Centro Gallego e o Club SC y de Bolos Valle Miñor. Elvira Domínguez agradeceu o labor de toda a colectividade galega no Uruguai polo... Máis información
- Miranda celebra o Día das Letras Galegas coa colectividade suíza, invitado pola Asociación Xeitosiñas de Zürich 21.05.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe aos actos do Día das Letras Galegas organizados pola Asociación Xeitosiñas de Zürich, en Suíza, para celebrar xunto á colectividade galega neste país esta xornada dedicada ao ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. Entre outras actividades lúdicas e de exaltación... Máis información
- Miranda recorda en Basilea (Suíza) que están abertos os programas para que a xuventude galega no exterior coñeza Galicia 20.05.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou hoxe unha visita a Suíza achegándose aos dous centros galegos de Basilea, a Sociedade Galega Sementeira e o Centro Recreativo Cultural Ourense. Durante ambos encontros, o responsable do departamento autonómico trasladou o seu interese pola situación dos galegos e galegas no país... Máis información
- Miranda visita a Asociación de Padres de Familia de Esslingen (Alemaña) que en breve celebrará os seus 50 anos de existencia 20.05.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas un encontro coa Asociación de Padres de Familia de Esslingen, preto de Stuttgart, na que trasladou o seu interese pola situación dos galegos e galegas do estado alemán de Baden-Wurtemberg. Esta entidade cumprirá en breve os seus 50 anos de existencia. ... Máis información
- Miranda saúda ás e aos case 100 emprendedores retornados que iniciaron o Programa Merlo de mentorización da man da Fundación Ronsel 19.05.2023 audio O secretario xeral da Emigración participou nas xornadas en liña que desenvolveu a entidade e que teñen como obxectivo aportar as ferramentas necesarias para que estas e estes empresarios retornados poñan en marcha iniciativas con proxección de futuro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ás sesións iniciais do... Máis información
Páxinas |









