O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, felicita o Día de Galicia a todos os galegos e galegas do exterior
Alfonso Rueda - Día de Galicia 2023
Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2023.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, conmemora o 25 de xullo, Día de Galicia, con todos os galegos e galegas do exterior.
No gran día de Galicia, en honra a Santiago Apóstolo, Alfonso Rueda recordou que a Xunta seguirá a acompañar á colectividade galega estea onde estea, mandando unha forte aperta a todas e todos aqueles que traballan pola nosa colectividade en calquera recuncho do planeta. Destacou, ademais, a importancia do retorno como opción de futuro para aqueles galegos e galegas que desexen regresar a Galicia para formar parte da nosa sociedade e recordou que dende o Goberno galego se están a incrementar as medidas e as ferramentas para axudarlles nese camiño.
Novas relacionadas