Emigración ofrece un vídeo resumo das Escolas Abertas 2023 como homenaxe ás e aos participantes, mestres e coordinadores do programa

As Escolas Abertas 2023 da SXE desenvolvéronse en Galicia do 6 ao 15 de xullo
As Escolas Abertas 2023 da SXE desenvolvéronse en Galicia do 6 ao 15 de xullo
Vídeo resumo das Escolas Abertas 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración quere agradecer a todas e todos os participantes no programa Escolas Abertas así como a mestres e coordinadores o intenso traballo realizado durante as dúas semanas que permitiron que medio cento de galegas e galegos do exterior, membros das entidades galegas de dez países de Europa e América, recibiran formación no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, en Santiago de Compostela, en actividades de cultura tradicional galega, de confección de traxes tradicionais galegos e de cociña galega.

Con este fin, realizouse un vídeo resumo de todas as actividades realizadas, así como das máster class recibidas por parte de coñecidas e coñecidos restauradores, músicos, artesáns e costureiros galegos. Nesta proxección inclúese ademais a gala exhibición coa que se puxo fin a esta iniciativa na praza do Marqués de Amboage de Ferrol o pasado sábado 15 de xullo.

240 lecturas