Fabiola García anima a conectar con Galicia ás e aos mozos galegos na diáspora que participan no campamento de verán de Gandarío

O programa ‘Conecta con Galicia’ permite que mozas e mozos galegos que viven no exterior coñezan as súas raíces e fagan os seus propios recordos na nosa Comunidade.

Nesta quenda participan 25 mozas e mozos procedentes de Uruguai, Arxentina, Brasil e Venezuela que comparten experiencia con outras e outros rapaces galegos e doutras comunidades autónomas.

Logo destes días no campamento de Gandarío ampliarán a súa estadía na nosa Comunidade coñecendo empresas e lugares como as illas Cíes, a Ribeira Sacra ou a ruta Xacobea.

  • A conselleira de Política Social e Xuventude, acompañada do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe este albergue xuvenil
    A conselleira de Política Social e Xuventude, acompañada do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe este albergue xuvenil

Listen to this page using ReadSpeaker
Bergondo (A Coruña), 19 de xullo de 2023.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, animou a conectar con Galicia ás e aos mozos galegos na diáspora que participan do campamento de verán ‘Actividades no mar’, no albergue xuvenil de Gandarío. Esta mañá visitou esta instalación acompañada do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, onde desfrutan das vacacións 150 mozas e mozos de entre 14 e 17 anos, dos que 25 proceden de Uruguai, Arxentina, Brasil e Venezuela. 

A conselleira apuntou que a campaña de verán da Xunta, ademais de ser un importante recurso de conciliación e aprendizaxe non formal para a mocidade, permite que os mozos galegos e galegas no exterior coñezan as súas raíces e creen os seus propios recordos na súa terra de procedencia. Este é o obxectivo do programa ‘Conecta con Galicia’ que propón actividades de ocio educativo a mozos na diáspora para que coñezan a nosa Comunidade e fagan novas amizades. 

Estas e estes 25 mozos desfrutan dunha semana neste albergue xuvenil en Gandarío de actividades náuticas e xogos educativos acompañados doutras e doutros rapaces galegos e doutras comunidades autónomas. Posteriormente, ampliarán a súa estadía durante catro días nos que se lles darán a coñecer empresas galegas e tamén outros puntos xeográficos como as illas Cíes, a Ribeira Sacra ou a ruta Xacobea. 

Campo de voluntariado Castro de Viladonga
Este programa aínda se complementa con outras actividades que a Xunta realiza para poñer en contacto os galegos e galegas no exterior con Galicia. Mostra disto é o campo de voluntariado no Castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei, que terá lugar no mes de setembro, ou o programa ‘Conecta co Camiño’ que ofrecerá a finais deste mes de xullo a oportunidade de que 60 mozas e mozos no exterior realicen parte do Camiño de Santiago. 

359 lecturas