Novas
Buscador
- A Consellería de Emprego e a Secretaría Xeral da Emigración mantiveron unha reunión para impulsar os programas de acceso ao emprego das e dos galegos retornados 05.01.2024 audio Ao longo da reunión analizaron os programas desenvolvidos no ano 2023, tanto de apoio ao emprendemento como de acompañamento na busca de emprego por conta allea. Outro dos puntos focais da reunión foi o programa 'Retorna Cualifica Emprego', que terá a súa continuidade no ano 2024. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Secretaría... Máis información
- Increméntase un 20% o número de espectadoras e espectadores do exterior ao cine galego a través do Ciclo Mestre Mateo froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual 04.01.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, para analizar o desenvolvemento deste proxecto e planificar a iniciativa para 2024. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión hoxe co presidente da... Máis información
- Emigración e a Fundación Ronsel analizan os programas de apoio á empregabilidade que chegou a 300 galegas e galegos retornados no 2023 02.01.2024 audio Ambas entidades colaboran a través do programa Merlo que permite a mentorización na posta en marcha de proxectos empresariais e a través dunha iniciativa de formación para bolseiras e bolseiros BEME e outras e outros galegos retornados, tanto na busca de emprego como no desenvolvemento de iniciativas empresariais. O secretario xeral da Emigración... Máis información
- Felicitación do Aninovo 2024 do secretario xeral da Emigración 01.01.2024 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita o Aninovo 2024 aos galegos e galegas residentes en 147 países de todo o mundo. Máis información
- Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela 31.12.2023 audio Nun mes de Nadal coma este, neste mesmo salón do Pazo de Xelmírez, reuniuse por primeira vez o Parlamento de Galicia. Os precursores da autonomía supliron todas as carencias materiais daquel momento con ilusión, ganas de servir e moitas ideas sobre o rumbo que debía tomar a nosa terra. Todo o que hoxe somos, non nos veu regalado: logrouse... Máis información
- Reunión anual de institucións galegas cerrando un ano de logros e retos 30.12.2023 audio Este ano, a tradicional reunión anual das institucións galegas tivo lugar nun ambiente de celebración e reflexión, marcando o fin de un ano cheo de desafíos e éxitos. A xuntanza contou coa presenza destacada de Fernando García Casas, cónsul xeral, quen inaugurou o evento destacando a importancia da cooperación institucional. Ao longo do encontro... Máis información
- Miranda mantén unha reunión de traballo co cónsul xeral do Uruguai en Galicia que permite seguir afondando na intensa relación de ambos países 29.12.2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, con quen analizou a situación da colectividade galega neste país do Río da Prata. Durante a reunión ademais de tratar asuntos dos galegos e galegas residentes no Uruguai, avaliáronse xunto ao... Máis información
- Inauguración da exposición “Galicia Bella” en Mar del Plata 29.12.2023 audio A exposición Galicia Bella inaugurouse no hotel Costa Galana en Mar del Plata, co apoio da Xunta de Galicia e o viceconsulado de España. Esta mostra celebra a grandiosidade de Galicia con imaxes que transportan ás e aos visitantes á súa realidade encantadora. A exposición, que percorre dende os cumes ata as profundidades mariñas, destaca a rica... Máis información
- Felicitación do Nadal 2023 do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ás galegas e galegos do exterior 27.12.2023 audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, diríxese con agarimo á diáspora galega durante estas festas tan especiais. Rueda fai especial énfase na forte conexión emocional que os galegos e galegas no exterior conservan coa súa terra natal, un lazo que perdura a pesar da distancia física, mantendo a Galicia sempre presente nos seus corazóns... Máis información
- “Un Nadal de Contos” da Aula GaliciaAberta achégase ás e aos máis pequenos con dúas historias centradas nestas festas 26.12.2023 audio Esta proposta de contacontos da Secretaría Xeral da Emigración terá dúas sesións: mércores 27 decembro e mércores 3 de xaneiro. A Secretaria Xeral da Emigración pon en marcha un ano máis o programa “Un Nadal de Contos” destinado ás e aos máis pequenos dentro da Aula GaliciaAberta. Deste xeito, nos próximos días desenvolveranse contacontos... Máis información
Páxinas |









