Miranda felicita a tódolos galegos e galegas do exterior o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Luísa Villalta
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita a tódolos galegos e galegas do exterior polo Día das Letras Galegas que este ano se dedican a Luísa Villalta, agradecendo o labor de toda a colectividade galega fóra das nosas fronteiras polo traballo que realizan en prol da nosa cultura e, por suposto, da nosa lingua.
Ademais, esta tarde, a partir das 20 horas (hora de España), as interesadas e interesados en coñecer a historia e a vida da escritora coruñesa á que se dedica o Día das Letras Galegas poderán desfrutar dun contacontos sobre a súa figura que se poderá ver a través das diferentes plataformas da Secretaría Xeral da man de Polo Correo do Vento. E, finalmente, tamén está dispoñible dende hoxe, na páxina web, de xeito gratuíto, unha banda deseñada destinada ás e aos máis pequenos para que poidan coñecer a vida e obra de Luísa Villalta.
Novas relacionadas




