O delegado da Xunta en Bos Aires reúnese coas comunidades galegas para a realización da 2ª edición da Gran Romaría Galega que terá lugar o 28 de xullo

  • Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
    Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
  • Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
    Imaxe da reunión celebrada na capital arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 19 de maio de 2024.

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, reuniuse cos responsables das Comunidades Galegas de Bos Aires para preparar a 2ª edición da Gran Romaría Galega. O vindeiro 28 de xullo, coincidindo co Mes de Galicia, celebrarase este evento. Para garantir o éxito da romaría, está a levarse a cabo un importante traballo previo de organización. Este primeiro encontro tivo lugar na sede do Centro Lalín, A Golada e Silleda.

A Gran Romaría Galega contará coa participación de máis de 35 entidades e 300 artistas, o que promete facer desta edición unha celebración inesquecible, chea de cultura, tradición e irmandade.

928 lecturas