Un hórreo na Casa de Galicia en León para fortalecer a identidade galega
A Casa de Galicia en León acolleu este venres a inauguración dun hórreo galego coa participación da subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, Lorena Antelo, simbolizando o desexo de compartir a cultura galega e fortalecer os lazos que unen á comunidade.
Os hórreos, máis que simples construcións, son considerados testemuños vivos da historia e tradición galegas. "Representan a sabedoría ancestral dos nosos antergos, que souberon aproveitar os recursos da contorna para conservar os seus alimentos e, con eles, a súa cultura e modo de vida", engadiu. Este hórreo inaugurado en León non é só unha mostra da arquitectura tradicional galega; é tamén un símbolo da identidade galega nesta fermosa cidade”.
Novas relacionadas






