Novas
Buscador
-
Feijóo traslada ao embaixador de Estados Unidos o seu interese en que Galicia sexa unha candidata firme para as inversións norteamericanas en España.
25.01.2011
audio
O presidente galego recibe a Alan D. Solomont no seu despacho de San Caetano. En Estados Unidos residen hoxe en día 12.500 galegos. No 2010 o resultado da balanza de pagos entre Galicia e Estados Unidos arroxase, por primeira vez, un superavit. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu onte, no seu despacho de San Caetano,... Máis información
-
Igualdade publica no DOG a convocatoria de axudas económicas ás mulleres vítimas de violencia cun orzamento de máis de 2 millóns de euros.
21.01.2011
audio
A Secretaría Xeral da Igualdade aumentou o orzamento destas axudas nun 27%. A convocatoria deste ano realizase por primeira vez en xaneiro e as mulleres vítimas poderán solicitar esta axuda desde maña ata o próximo 31 de outubro e a Secretaría Xeral da Igualdade, tal como aconteceu en 2010, comprométese a atender as solicitudes en prazo e non... Máis información
-
A Fundación Galicia-Saúde inicia o seu proceso de extinción, por decisión do seu Padroado.
20.01.2011
audio
A Xunta seguirá dando pulo ás actividades e iniciativas que leve a cabo o propio Centro, o seu hospital, e o resto de entidades galegas na Arxentina. O actual Goberno galego vai apoiar a iniciativa do Centro de asumir de forma autónoma a xestión integral do hospital dependente do mesmo, sempre mantendo o compromiso de apoio a esta centenaria... Máis información
-
Conclusións do Congreso Europeo de Xuventude Galega no Exterior (Nuremberg, 2010)
18.01.2011
audio
Os pasados 5, 6 e 7 de novembro de 2010 a xuventude galega en Europa reuniuse para debater sobre a realidade das comunidades galegas no exterior. Propuxéronse os seguintes tres relatorios: Retorno. Escenario real fronte á posible volta a Galicia. A comunicación estratéxica como ferramenta de achegamento dos centros á sociedade, como... Máis información
-
Dotados con 500.000 euros os programas formativos, impartidos por entidades sen ánimo de lucro, para inmigrantes e retornados.
14.01.2011
audio
A convocatoria, que se realiza por vez primeira deste xeito (cunha listaxe de cursos xa pechada), prima o criterio do compromiso de contratación de alumnas e alumnos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou na súa edición deste mércores as bases reguladoras das axudas –en réxime de concorrencia competitiva- a entidades sen ánimo de lucro para... Máis información
-
Unha comedia recreará a vida da colonia galega en Estados Unidos.
13.01.2011
audio
O director Alber Ponte realizará a rodaxe da película Little Galicia en Nova Jersey, Ponte Ulla e probablemente en Lalín. En primavera, o director galego Alber Ponte empeza a rodaxe en Estados Unidos de Little Galicia, unha comedia que recreará a vida da colonia galega en Nova Jersey. Segundo o director, que tamén escribiu o guión, a película... Máis información
-
Un fillo de emigrantes á fronte da Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay
13.01.2011
audio
A asociación é a máis antiga en activo na diáspora española. Por primeira vez un descendente de emigrantes galegos ocupa o cargo de presidente da Asociación de Empresarios Gallegos de Uruguay (AEGU) coa elección de Jorge Expósito para suceder a César Antelo á fronte da organización durante o próximo bienio. A pesar dos poucos anos que leva como... Máis información
-
Feijóo sinala que Galicia é “un país de cultura” con espazo para unha Cidade da Cultura que apoie a difusión da obra dos creadores galegos.
12.01.2011
audio
No acto de inauguración da Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura, o titular da Xunta agradeceu aos Príncipes de Asturias, “que representan o futuro de España”, que avalen coa súa presenza “un proxecto de futuro” e un “icono útil para Galicia e para España porque é atraínte e admirable para o resto do mundo”. Di que “canto máis se coñece,... Máis información
-
Feijóo asegura que o comunicado da banda terrorista ETA “é insuficiente” e que a única saída posible é a súa desaparición.
11.01.2011
audio
O presidente da Xunta recalca que “a palabra dun terrorista ten pouco valor”. Amosa a súa preocupación porque o anuncio de ETA “non sexa un disfraz para tentar colarse nos concellos nas próximas eleccións municipais. Subliña o seu total respaldo e apoio ao Goberno de España e ás Forzas de Seguridade do Estado na loita, coa lei, contra o terrorismo... Máis información
-
Unha actriz galega triunfa en Irlanda.
11.01.2011
audio
Marián Araújo traballa en cine e televisión en Dublín, onde dirixe a súa propia compañía teatral. Marián Araújo Marcote foi emigrante dende pequena. O seu pai é de Cee, e a súa nai, de Corcubión. Pronto marchou a Valladolid, por motivos laborais paternos, e alí formouse como actriz na Escola de Arte Dramática. Con Teatro Corsario percorreu España... Máis información
Páxinas |