Novas
Buscador
-
Pontevedra rende homenaxe á comunidade senegalesa pola súa exemplar integración
09.05.2011
audio
Os pontevedreses e as pontevedresas ofreceron o pasado sábado un abrazo fraternal a todos os membros da comunidade senegalesa asentada na cidade coa entrega do Premio Cidadán Teucro 2011 a Mamadou Bath Dialle. Nunha terra onde a emigración ten tanta historia, a federación veciñal Teucro celebrou o sábado pola tarde un acto de homenaxe que... Máis información
-
Emigración conmemora o Día de Europa cunha xornada formativa para xestores de cursos do fondo social
08.05.2011
audio
Trátase dunha iniciativa que nace da demanda dos propios destinatarios. As obrigas burocráticas derivadas da complexidade administrativa da Unión Europea supoñen nalgunhas ocasións unha dificultade engadida ao traballo cotián dos xestores das accións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE). Ademais, moitas veces estas obrigas pasan... Máis información
-
Feijóo anuncia que a Xunta destinará case 4 millóns de euros para “formar, orientar e insertar” no mercado laboral a preto de 3.300 desempregados
06.05.2011
audio
Apunta que estas axudas irán dirixidas a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, preceptores de subsidios e prestacións por desemprego da renda activa de inserción ou da renda activa de integración social de Galicia, desempregados de longa duración e mocidade. Explica que as entidades beneficiarias serán as corporacións locais e... Máis información
-
Emigración subvenciona con 400.000 euros programas locais de integración sociolaboral de inmigrantes extracomunitarios
06.05.2011
audio
As actividades obxecto das axudas deberán estar realizadas ante do 30 de setembro deste ano. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará en breve a convocatoria das subvencións a entidades locais (concellos, mancomunidades e consorcios) para a realización de programas destinados a favorecer a acollida e integración da poboación inmigrante... Máis información
-
O Plan de Modernización da Xunta permitirá que o 100% dos trámites da directiva de servizos se realicen telematicamente a finais de 2011
04.05.2011
audio
Nestes momentos pódense presentar online arredor máis de 120 procedementos administrativos distintos. O obxectivo do Plan de Modernización é que no 2013 o 100% dos trámites administrativos se poidan realizar online. O ano pasado tramitáronse de maneira electrónica máis de 11.000 facturas. Galicia é a terceira comunidade autónoma con maior uso da... Máis información
-
Un imperio gastronómico galego en Brasil
03.05.2011
audio
O lucense Belarmino Fernández Iglesias chegou a Santos en 1951 e, con moito traballo, converteuse no dono dunha rede de restaurantes que non para de crecer. Sesenta anos despois de chegar á cidade brasileira de Santos con tan só un dólar no peto, o lucense Belarmino Fernández Iglesias é hoxe o dono do Grupo Rubaiyat, unha rede de restaurantes que... Máis información
-
«Sinbad», de Álvaro Cunqueiro, terá unha versión cinematográfica
03.05.2011
audio
Este ano celébranse o centenario do escritor e os 50 anos do lanzamento do libro. A obra clásica do escritor galego Álvaro Cunqueiro, Sinbad, terá unha versión para cinema que se estreará no outono. Este ano celébrase o centenario do autor e os 50 anos do libro. O director Antón Dobao será o encargado desta adaptación á gran pantalla. A historia... Máis información
-
As bibliotecas de Mar da Prata crean a Sección Galega Castelao
03.05.2011
audio
A través desta iniciativa, distribuiranse 900 libros doados pola Xunta entre os distintos centros de lectura municipais situados na cidade arxentina. As bibliotecas da cidade de Mar da Prata, en Arxentina, ofrecerán a posibilidade de achegarse á literatura e á cultura galega coa creación da Sección Galega Castelao. A Consellería de Cultura e... Máis información
-
Emigración e Educación promoven un concurso escolar para sensibilizar na diversidade sociocultural
02.05.2011
audio
Os traballos poderán presentarse en calquera tamaño, soporte e material. A Secretaría Xeral da Emigración e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organizan o concurso de debuxo e pintura Un mundo de cor. A finalidade da iniciativa é que o alumnado de Educación Primaria, e de Secundaria Obrigatoria, de tódolos centros escolares... Máis información
-
Camba asiste á Festa Campestre do Centro Galego de México no centenario da súa fundación
02.05.2011
audio
O Secretario Xeral da Emigración insistirá ante a diplomacia española para solucionar as trabas que atopan os emigrantes galegos no país azteca á hora de obter a documentación necesaria para a tarxeta sanitaria do Sergas. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, participou a mediodía de onte (hora local, noitiña en Galicia) na Festa... Máis información
Páxinas |