Emigración conmemora o Día de Europa cunha xornada formativa para xestores de cursos do fondo social

Trátase dunha iniciativa que nace da demanda dos propios destinatarios.

Listen to this page using ReadSpeaker

As obrigas burocráticas derivadas da complexidade administrativa da Unión Europea supoñen nalgunhas ocasións unha dificultade engadida ao traballo cotián dos xestores das accións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE). Ademais, moitas veces estas obrigas pasan desapercibidas para estes xestores, coa conseguinte posibilidade dunha penalización administrativa ou económica, ou mesmo a perda da oportunidade de renovación da cofinanciación en anos posteriores.

Coa fin de evitar estes atrancos, e xestionar de maneira máis áxil e organizada a relación administrativa cos inspectores europeos, os xestores de cursos e iniciativas cofinanciadas polo FSE e que teñen relación co eido da Inmigración, teñen solicitado un curso específico para afondar nestes problemas e as súas solucións.

E así, co gallo da conmemoración institucional [mañá] neste luns do Día de Europa, a Secretaría Xeral da Emigración organiza unha xornada formativa na que se formarán algúns xestores responsables da organización e financiamento de máis de medio centenar de cursos formativos laborais e de integración especializados no colectivo de inmigrantes, especialmente extracomunitarios.

O curso terá lugar no propio edificio administrativo de San Caetano, sede central da Xunta de Galicia en Santiago, a custo cero, por canto se trata dunha iniciativa xurdida do tecido asociativo cidadán pero artellada cos recursos propios da Administración autonómica. Contará, en calquera caso, coa presenza de especialistas en lexislación e disciplina orzamentaria europeas que traballan na propia Xunta.

1314 lecturas