O Plan de Modernización da Xunta permitirá que o 100% dos trámites da directiva de servizos se realicen telematicamente a finais de 2011

Nestes momentos pódense presentar online arredor máis de 120 procedementos administrativos distintos.

O obxectivo do Plan de Modernización é que no 2013 o 100% dos trámites administrativos se poidan realizar online.

O ano pasado tramitáronse de maneira electrónica máis de 11.000 facturas.

Galicia é a terceira comunidade autónoma con maior uso da Administración electrónica para obter información das páxinas web e a quinta en descarga e cumprimentación de formularios oficiais.

A secretaria xeral de Modernización participou nas Xornadas As Relacións da Empresa coa Administración Electrónica, organizadas polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia.

Listen to this page using ReadSpeaker
4 de maio de 2011.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recordou onte que un dos obxectivos do Plan de Modernización da Administración que está a desenvolver a Xunta é que a finais de 2011 o 100% dos procedementos da directiva de servizos, a maioría dos vinculados a emprendedores e autónomos, se poidan realizar telematicamente. Deste xeito axilízase a xestión dos trámites que para o acceso a unha actividade económica de servizos e do seu exercicio.

Nestes momentos pódense presentar online arredor máis de 120 procedementos administrativos distintos. De cara ao 2013 o obxectivo do Plan de Modernización é acadar o 100% de tramitación online dos trámites administrativos.

A responsable autonómica destacou estes datos durante a inauguración da Xornadas As Relacións da Empresa coa Administración Electrónica, organizadas polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebran en Santiago ata o 5 de maio.

Avances na eAdministración
Mar Pereira indicou que a Xunta de Galicia entende a Administración electrónica como un xeito de ofrecer aos cidadáns e ás empresas uns servizos públicos máis eficientes e próximos mediante a utilización das tecnoloxías da información. Por iso o Goberno galego está abordar desde esta perspectiva a mellora da súa propia xestión interna no marco das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal.

Entre os pasos que se deron nesta liña, a secretaria xeral destacou “a aprobación do Decreto que establece o marco de desenvolvemento da Administración electrónica na Administración pública galega” e sobre o que xa se avanzou nalgúns dos seus obxectivos. Así, a edición electrónica do DOG é unha realidade desde o pasado luns; xa se puxo en marcha o plan que permitirá a acreditación dixital do empregado público e estamos traballando para que a Web da Xunta albergue a sede electrónica este ano o que permitirá, de xeito paulatino ata o 2013, que cidadáns e empresas poidan obter, a través do portal corporativo, a mesma información, acceder aos mesmos servizos e realizar os mesmos trámites que poden facer en calquera das ventanillas das distintas consellerías.

Máis de 11.000 facturas tramitadas electrónicamente
No marco deste proceso de modernización da Administración Mar Pereira fixo fincapé nun dos avances de maior relevancia na relación entre as empresas e a Administración que son os acadados na implantación da factura electrónica. Neste sentido indicou que “no 2010 tramitáronse de maneira electrónica 11.306 facturas e que na actualidade, un total de 1.360 empresas empregan xa este sistema electrónico de facturación e conta xa con máis de 3.500 usuarios rexistrados. “

Por outra banda, Mar Pereira destacou que a Xunta superou o compromiso fixado hai un ano de pagar aos provedores nun máximo de 45 días e anticipouse dous anos á lexislación europea sobre pagamentos en menos de 30 días a partir de 2013. Avanzando un paso máis na acceso demais, a Xunta acaba de pór en marcha o Sistema de Licitación Electrónica (SILEX), sacando a concurso público os cinco primeiros expedientes que permiten a presentación de ofertas de forma electrónica

Os galegos, os terceiros no uso da eAdministración
Mar Pereira destacou que Galicia é a terceira comunidade autónoma con maior uso da Administración electrónica para obter información das páxinas web e a quinta en descarga e cumprimentación de formularios oficiais. En canto ao ámbito empresarial, un 68,1% das empresas de 10 e máis empregados de Galicia aproveitan as vantaxes da administración electrónica.

A secretaria xeral sostivo que estes datos indican que “temos unha boa base para afrontar os cambios e os futuros retos da Sociedade da Información. Por iso, desde o Goberno galego e as distintas administracións debemos impulsar o uso e aproveitamento das TIC e facer que o cidadán desenvolva unha cultura dixital e adquira seguridade e confianza no seu uso.”

1200 lecturas