Novas
Buscador
-
Unha empresa de Melide dota de acceso a Internet todo o Camiño
27.05.2011
audio
Intermax ofrece cobertura ata nas zonas consideradas de sombra. Acceder a Internet dende calquera lugar do Camiño Francés por máis recóndito que o converta a orografía da comunidade xa é posible. A firma Intermax, con sede en Melide, concluíu estes días, nas proximidades de Santiago, a instalación dos equipos necesarios para dotar de cobertura de... Máis información
-
Medio Rural felicita a concellos e portos por manter a Galicia á cabeza de España en número de bandeiras azuis no 2011
27.05.2011
audio
A nosa Comunidade acadou un total de 130 distincións (117 para praias e 13 para portos deportivos). Case un de cada catro areais españois está en Galicia, que conta con 772. Como novidade este ano, o programa “Bandeira Azul”, puxo en marcha o proxecto de “Sendeiros Azuis”, que enlazan praias con este distintivo, sendo seleccionadas 2 en Galicia,... Máis información
-
Galicia celebrará con actividades culturais o bicentenario da independencia de Uruguai
25.05.2011
audio
Actualmente, dos 20.000 uruguaios residentes no norte de España hai preto de 13.500 na comunidade galega. Galicia celebrará cunha programación cultural os 200 anos da independencia do Uruguai. Actualmente, dos 20.000 uruguaios residentes no norte de España hai preto de 13.500 en Galicia. A iniciativa está dirixida tanto aos uruguaios residentes... Máis información
-
O Incio rende unha homenaxe aos emigrantes cunha escultura de Álvaro Pereiro
25.05.2011
audio
Un mural realizado en granito silvestre rende homenaxe na nova praza pública da casa do concello do Incio a todas as persoas que viviron a experiencia da emigración. A obra é da autoría do escultor deste municipio Álvaro Pereiro, quen dedicou cinco meses de traballo a dar forma a esta peza, de 2,5 metros de longo e 1,5 de altura. Segundo... Máis información
-
"Master en Integración Económica Regional y Políticas Comunitarias"
25.05.2011
audio
Poderá realizalo todo aquel titulado ou titulada universitaria de calquera país. A Universidade de Vigo, xunto coa Católica Portuguesa, organiza un "Master en Integración Económica Regional y Políticas Comunitarias". Trátase dun Máster on-line académico que faculta a unha ulterior Tese de Doutoramento Europeo, a prezos públicos. O responsable na... Máis información
-
O escritor galego Domingo Villar, finalista do premio Dagger
24.05.2011
audio
Trátase dun dos máis prestixiosos galardóns internacionais de novela negra. A praia dos afogados, do escritor vigués Domingo Villar, encóntrase entre as sete finalistas do CWA International Dagger Prize 2011, galardón que concede a asociación anglosaxona de escritores de novela negra á mellor obra internacional do ano. Os outros finalistas son os... Máis información
-
Inaugurado en Rosario (Arxentina) o ciclo "Cinemas de Galicia"
24.05.2011
audio
O Delegado da Xunta salientou este luns que os sete filmes levarán a imaxe da Galicia actual pola xeografía arxentina. A Decana da Facultade de Arquitectura da Universidade Nacional de Rosario apuntou que a iniciativa “fomenta o multiculturalismo”. Trátase dunha actividade itinerante organizada polo Consorcio Audiovisual en colaboración coa... Máis información
-
Emigración posibilita a participacion de corenta descendentes de galegos e galegas da diáspora nos campos de traballo deste ano
23.05.2011
audio
Na convocatoria deste 2011, recolléronse máis de 170 solicitudes para esas prazas. A Secretaría Xeral da Emigración ven de realizar o sorteo das prazas que corresponden a fillos e fillas e netos e netas de emigrantes galegos e galegas no exterior nos Campos de Traballo que organiza a Consellería de Traballo e Benestar. A listaxe completa pode... Máis información
-
Medio Rural súmase á celebración do Día Europeo dos Parques Naturais con actos nos diferentes espazos galegos protexidos
23.05.2011
audio
Cada 24 de maio conmemórase a Declaración de Suecia pola que se crearon os primeiros parques nacionais do Vello Continente. As actividades organizadas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza están orientadas aos máis pequenos, para darlles a coñecer a riqueza do noso patrimonio natural e conciencialos sobre a importancia da súa protección... Máis información
-
O Liceo volve reinar en Europa
23.05.2011
audio
O equipo coruñés fíxose este sábado coa súa quinta Euroliga de hóckey nun partido que comezou perdendo contra o Reus pero no que rematou impoñéndose claramente. O Coinasa Liceo é o novo Campión de Europa tras vencer por 7-4 ao Reus nunha final apaixonante na que os tarraconenses chegaron a ter un 0-3 a favor, pero que souberon remontar os rapaces... Máis información
Páxinas |