Novas
Buscador
-
Comeza en Santiago un novo curso acreditativo de formación para inmigrantes
06.06.2011
audio
O Subdirector Xeral da Inmigración, Antonio Aguarón, presidiu esta mañá a inauguración dun novo curso formativo –neste caso de fontanería- para estranxeiros residentes en Compostela e comarca, curso que se engloba nas actividades desenvolvidas pola Xunta de Galicia para a integración social e laboral deste colectivo. Trátase dunha iniciativa... Máis información
-
Malpica celebra un encontro de emigrantes galegos retornados
06.06.2011
audio
O próximo 12 de xuño terá lugar no restaurante Aldeola de Cerqueda de Malpica un encontro comarcal de emigrantes retornados de Suíza. Esta iniciativa é a segunda vez que se produce, xa que o ano pasado se logrou reunir unhas 250 persoas na súa primeira edición. Debido ao éxito obtido, os organizadores quixeron ampliar este ano o espazo e... Máis información
-
A Xunta necesita que o estado lle transfira os 243 millóns de euros do Fondo de Cooperación para garantir o cumprimento da estabilidade orzamentaria
03.06.2011
audio
O Goberno galego está a facer os seus deberes e reitera o seu compromiso coa estabilidade orzamentaria e a redución do déficit. O incumprimento do sistema de financiamento autonómico pode pór en risco os obxectivos de 2011. Galicia, xunto con Madrid, foi a única comunidade que xa cumpriu en 2009 e 2010 co obxectivo de estabilidade orzamentaria.... Máis información
-
"Refuxios provisionais", exposición de pintura da artista santiaguesa Pilar Quintás, na Casa de Galicia en Madrid
03.06.2011
audio
"Refuxios provisionais", a exposición da pintora Pilar Quintás. "Refuxios provisionais", a exposición da pintora Pilar Quintás que ocupa este mes de xuño dúas das salas de exposicións da Casa de Galicia en Madrid ofrece unha mostra das paisaxes nas que a artista, segundo ela mesma explica, acha refuxio mentres os crea. Inaugurada onte,... Máis información
-
Galicia, unha das tres comunidades con superávit no primeiro trimestre do ano
02.06.2011
audio
O país rexistrou un crecemento do 0,14% do PIB, mentres que o global das comunidades decrecen ao 0,46%. Galicia, Aragón e La Rioja foron as tres únicas comunidades autónomas que presentaron superávit nas súas contas durante os tres primeiros meses do ano, cun 0,14, 0,19 e 0,18%, respectivamente. A Vicepresidenta económica, Elena Salgado, fixo... Máis información
-
Roberto Varela asegura que Galicia viaxa coa voz de Luz Casal “traspasando fronteiras e chegando a millóns de persoas”
01.06.2011
audio
O Conselleiro de Cultura e Turismo e a cantante Luz Casal presentaron onte na Cidade da Cultura os concertos que a artista ofrecerá dentro da programación do Ano da Música de Galicia 2011. O próximo 22 de xullo a Praza da Quintana acollerá o concerto de Luz en Santiago, con motivo das Festas do Apóstolo. O día 23 de xullo, a actuación será en... Máis información
-
Manuel Fraga é nomeado presidente de honra da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba
31.05.2011
audio
O Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, reuniuse o pasado mércores cos presidentes das 49 sociedades galegas en Cuba. O Secretario trasmitiu aos galegos de Cuba un saúdo de Alberto Núñez Feijóo, «quen entre as súas tantas preocupacións sempre mantén un especial interese polo seu paisanos en Cuba e polo pobo cubano en... Máis información
-
A Xunta colaborará coa Hermandad de Valencia (Venezuela) para dar atención social aos seus máis de mil socios de orixe galega
30.05.2011
audio
A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, veñen de asinar un acordo e un convenio de colaboración con esta entidade. O obxectivo é contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos que se atopen nalgunha situación de carencia ou que teñan problemas de... Máis información
-
Igualdade destina 200.000 euros a consolidar o movemento asociativo de mulleres en Galicia
30.05.2011
audio
O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para as asociacións de mulleres. As axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, establecendo unha liña de apoio ao seu mantemento e funcionamento e outra a promoción de hábitos... Máis información
-
O Goberno galego contribúe ao financiamento da atención social de máis de 10.000 galegos residentes en Caracas
30.05.2011
audio
A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o Secretario Xeral de Emigración, Santiago Camba, visitaron onte o centro da Hermandad Gallega en Caracas onde asistiu á toma de posesión da nova directiva. Na súa intervención, destacou “a firme vocación de apoio mutuo que distingue como pobo solidario en todo o planeta” á colectividade galega... Máis información
Páxinas |