"Master en Integración Económica Regional y Políticas Comunitarias"
Poderá realizalo todo aquel titulado ou titulada universitaria de calquera país.
A Universidade de Vigo, xunto coa Católica Portuguesa, organiza un "Master en Integración Económica Regional y Políticas Comunitarias". Trátase dun Máster on-line académico que faculta a unha ulterior Tese de Doutoramento Europeo, a prezos públicos. O responsable na Universidade de Vigo é o Prof. Luis Domínguez Castro, Profesor Titular de Historia Contemporánea Cátedra Jean Monnet de Historia da Construción Europea.
O obxectivo do programa consiste na formación de tituladas/vos universitarias/os con sólidos coñecementos teóricos dos procesos de integración económica rexional, especialmente os desenvolvidos na Unión Europea e en Latinoamérica, así como das máis importantes políticas comunitarias vinculadas co desenvolvemento rexional. Preténdese dotar ao alumnado de ferramentas teóricas para aplicar as políticas públicas comunitarias nunha rexión determinada, capacitándoo para deseñar estratexias de desenvolvemento rexional endóxeno e realizar, con todo iso, un traballo cientíco que lle habilite como Doutor/a Europeo/a.
Pódese consultar máis información no folleto informativo (picar aquí para descargar) e na web www.masterintegracioneconomicaregional.org.
Novas relacionadas



