Novas
Buscador
-
"A ópera dos tres reás" estréase en Santiago como o primeiro gran espectáculo musical do Centro Dramático Galego
22.06.2011
audio
O Auditorio de Galicia acolle do 23 ao 26 de xuño as primeiras catro funcións da montaxe, que percorrerá ata outubro outros 11 escenarios dentro e fóra de Galicia. O Conselleiro de Cultura presentou onte a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, que protagoniza Luis Tosar no seu regreso ao CDG despois de 15 anos. Roberto Varela... Máis información
-
O Sergas colabora coas asociacións Ledicia Cativa e Inmigrantes Senegaleses de Ourense para a asistencia sanitaria a menores que acoden a Galicia en verán en programas de acollemento
21.06.2011
audio
Pilar Farjas asinou na mañá de onte cadanseus convenios cos presidentes destas entidades, Juan Conde González e Ibrahima Diouf. Beneficiaranse deste programa 77 rapaces e rapazas procedentes de distintas rexións da Federación Rusa e 9 nenos senegaleses. A Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, asinou onte cadanseus convenios coas... Máis información
-
Camba entregou no Mupega os premios aos rapaces e rapazas gañadores da primeira edición do concurso "Un mundo de cor"
20.06.2011
audio
Presentáronse máis de 300 traballos procedentes de 23 centros escolares. Tódolos gañadores recibiron cadanseu lote de libros e regalos adaptados á súa idade. O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, entregou está mañá no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) os nove premios correspondentes á primeira edición do concurso Un mundo de cor.... Máis información
-
O Secretario Xeral da Emigración recibiu aos participantes no seminario internacional ‘Opçâo + Futuro’
20.06.2011
audio
Trátase dunha iniciativa co financiada pola Unión Europea, na que participan asociacións de cinco países de fala galaico portuguesa, entre elas Ecos do Sur. O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu esta mañá na Escola Galega de Administración aos participantes no Terceiro Seminario Internacional posto en marcha polo programa “... Máis información
-
Presentado no Consello da Xunta o Plan Integral da Emigración para o periodo 2011-2013
20.06.2011
audio
O documento define 5 áreas de actuación, e establece 13 liñas prioritarias, 36 programas, e 17 accións estratéxicas. A Secretaría Xeral da Emigración presentou no Consello de Goberno da Xunta o seu Plan Integral para o trienio 2011-2013, unha proposta que busca centrar as bases de actuación do Goberno de Galicia coas entidades galegas, os... Máis información
-
Galicia, País Vasco, Cataluña e Baleares reúnense para avanzar na cooperación en materia de política lingüística
17.06.2011
audio
Os catro gobernos autonómicos acordaron hoxe en Santiago de Compostela solicitar a inclusión do galego, do catalán e do eúscaro na base de datos terminolóxica da Unión Europea. Así o decidiron na reunión da comisión de seguimento do protocolo de colaboración que manteñen en materia de política lingüística. Os máximos responsables da política... Máis información
-
Antonio José de Mendoza, o vicerrei galego de Perú, protagonista dunha conferencia na Casa de Galicia en Madrid
16.06.2011
audio
A doutora Martín Rubio explicou como venceu a Inglaterra no Caribe. Antonio José de Mendoza Caamaño y Sotomayor, marqués de Vilagarcía e vicerrei de Perú, foi a figura protagonista da conferencia que a doutora en Historia de América María del Carmen Martín Rubio ofreceu esta tarde na Casa de Galicia en Madrid, Antonio José de Mendoza, o vicerrei... Máis información
-
Camba esixe a Pin que convoque ás comunidades autónomas para coordinar actuacións en materia de emigración
15.06.2011
audio
A Xunta está disposta a realizar unha xuntanza en Galicia no caso de que o Goberno Central siga facendo deixación das súas funcións. O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, ven de lembrar por carta á Directora Xeral da Cidadanía Española no Exterior do Ministerio de Trabajo e Inmigración, Pilar Pin, que debe convocar canto antes a... Máis información
-
Camba recibe en Santiago a unha delegación da Casa de Ourense de Bos Aires
14.06.2011
audio
O Secretario Xeral da Emigración adiántalles que a vindeira semana presentará o Plan Integral 2011-2013 en Galicia, e que tamén o fará antes de xullo en Arxentina. O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu esta mañá en San Caetano a unha delegación da Casa de Ourense de Bos Aires, formada por unha trintena de integrantes desta... Máis información
-
Igualdade e Emigración destinan 341.000 euros a un programa de asistencia a mulleres vítimas da prostitución
14.06.2011
audio
Realízase coa colaboración de Cruz Vermella, Cáritas Diocesana, Oblatas de Ferrol, Adoratrices de Ourense, ACCEM, Médicos del Mundo, Ecos do Sur e Faraxa. Está enmarcado no protocolo asinado en 2010 pola Xunta e a Fiscalía Superior de Galicia. As secretarías xerais da Igualdade e da Emigración van destinar este ano 341.000 euros ao programa de... Máis información
Páxinas |