Novas
Buscador
- Feijóo anuncia que o próximo Consello declarará a obra de Castelao Ben de Interese Cultural e recoñece as achegas das e dos creadores contemporáneos para dar continuidade ao legado das e dos devanceiros 17.12.2011 audio O titular da Xunta presidiu o acto de entrega dos Premios da Cultura Galega. Subliña que será a primeira vez que se outorga a máxima protección ao conxunto da obra dun autor, e destaca que blinda a conservación e a investigación do legado do escritor de Rianxo e garante o seu mantemento e difusión cara ás xeracións vindeiras. “Galicia segue... Máis información
- A nova Lei de Galeguidade, e a fusión voluntaria de centros galegos no exterior, eixos da xuntanza da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas 15.12.2011 audio O órgano de representación da diáspora galega debate en Ourense os retos da Emigración para os vindeiros anos. A posibilidade de que a emigración galega serva de ponte entre os empresarios dun e outro lado do Atlántico esbózase como unha oportunidade xurdida da crise. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, preside hoxe en Ourense a... Máis información
- Fallo do Certame Literario de Narrativa Breve 90º Aniversario da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina 15.12.2011 audio Este venres celebrarase o acto de entrega dos premios. A Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina informa dos nomes dos que resultaron gañadores e gañadoras do Certame Literario de Narrativa Breve, organizado no marco do 90º aniversario da institución cuxa temática se centrou sobre "Vivencias da emigración galega". O... Máis información
- Ourense acolle a comisión delegada do Consello das Comunidades Galegas 14.12.2011 audio A reforma da Lei de Galeguidade será un dos eixos da xuntanza anual do máximo órgano permanente de representación da diáspora. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, preside mañá xoves en Ourense a xuntanza da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas. Os dezaseis membros da mesma serán ademais recibidos en audiencia o... Máis información
- O ceo neoiorquino fala galego 13.12.2011 audio «O 75% dos que traballan na restauración dos grandes edificios de Nova York son galegos». Así o asegura José Santamaría, que dende hai 25 anos se dedica a estas tarefas na Gran Mazá. Durante décadas a emigración galega formou parte da man de obra encargada de levantar os edificios na illa de Manhattan. Se algún dos rañaceos de Nova York falase,... Máis información
- Emigración fomenta a mediación intercultural no ámbito sanitario a través de cursos específicos de formación 12.12.2011 audio O obxectivo é facilitar o acceso das e dos inmigrantes ao sistema sanitario, ao tempo que se axuda ao persoal facultativo a superar as posibles barreiras culturais co doente. A acción formativa ten lugar en Ourense, Santiago e Vigo. Ourense acolleu, estes venres e sábado, o primeiro dos tres cursos formativos e específicos de mediación... Máis información
- Camba asegura que a Xunta aplicará tantas medidas sociais no exterior como sexa posible 09.12.2011 audio Asinou en Brasil distintos convenios para facilitar o acceso á tarxeta sanitaria aos galegos en Santos, São Paulo, Río e Salvador de Bahía O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, asegurou en Brasil que "dende o Goberno da Xunta" se seguirán "implementar tantas medidas en materia de programas sociais e asistenciais" ao exterior "como... Máis información
- A Xunta impulsa a promoción do Camiño de Santiago en Australia 08.12.2011 audio O número de peregrinos australianos chegados a Compostela triplicouse nos últimos sete anos A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo vén de desenvolver unha importante campaña de promoción da Ruta Xacobea no país oceánico. A directora xerente do Xacobeo mantivo en Melbourne diferentes encontros con autoridades locais que acadaron importantes avances na... Máis información
- Santiago Camba asina con catro asociacións de emigrantes os convenios que permitirán aos galegos residentes en Brasil tramitar a tarxeta Galicia Saúde Exterior 07.12.2011 audio Esta tarxeta garante a asistencia sanitaria dos emigrantes durante as súas estancias en Galicia Con estes convenios, a Xunta amplía a Brasil un dereito ao que xa teñen acceso os galegos de Arxentina, Urugai, México e Venezuela Os descendentes de galegos poderán tramitar a súa tarxeta no Centro espanhol e repatriación de Santos, na Sociedade... Máis información
-
Doce talleres levan a marca Artesanía de Galicia á feira internacional de Milán
06.12.2011
audio
A Consellería de Economía e Industria continúa coa promoción e introdución do produto artesán galego no mercado internacional e leva un stand institucional da marca á feira L’Artigiano in Fiera, que se celebra en Milán ata o 11 de decembro A través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Artesanía de Galicia participa por quinto ano... Máis información
Páxinas |








