Camba asegura que a Xunta aplicará tantas medidas sociais no exterior como sexa posible

Asinou en Brasil distintos convenios para facilitar o acceso á tarxeta sanitaria aos galegos en Santos, São Paulo, Río e Salvador de Bahía

  • Santiago Camba, durante a firma en São Paulo dos convenios coas entidades desta cidade e de Santos.
    Santiago Camba, durante a firma en São Paulo dos convenios coas entidades desta cidade e de Santos.
  • Francisco Catelino, Demétrio Moreira Garcia, Santiago e Camba Manuel Antas Fraga, durante a firma do convenio.
    Francisco Catelino, Demétrio Moreira Garcia, Santiago e Camba Manuel Antas Fraga, durante a firma do convenio.
Listen to this page using ReadSpeaker
9 de decembro de 2011.

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, asegurou en Brasil que "dende o Goberno da Xunta" se seguirán "implementar tantas medidas en materia de programas sociais e asistenciais" ao exterior "como sexa posible no actual escenario de crise económica en que nos encontramos". Camba, quen visitou São Paulo, Salvador de Bahía e Río de Janeiro para asinar convenios con catro entidades para facilitar o acceso á tarxeta sanitaria da Xunta aos galegos residentes neste país, anunciou o propósito do novo Goberno de Rajoy de facer extensible a tarxeta sanitaria a todas as comunidades.

a tócalle a quenda a Brasil. Os galegos afincados nas cidades de Santos, Río de Janeiro, São Paulo e Salvador de Bahía poderán ser atendidos pola sanidade galega durante as viaxes que realicen á comunidade autónoma, medida esta que foi ben acollida polos asinantes dos distintos acordos. Polo menos así expresárono o vicepresidente do Centro Espanhol e Repatriación de Santos, Manuel Enríquez, e a presidenta da Sociedade Hispano-Brasileira de Socorros Mutuos de Instruçao, Mª Fe Vázquez, os cales recordaron que hai moitos maiores que ata agora se mostraban reticentes a viaxar a España ante eventuais problemas de saúde.

A partir de agora, a asistencia sanitaria e asistencial estará cuberta durante seis meses, tamén para os galegos nestes enclaves de Brasil. Concretamente, de Santos poderanse beneficiar ao redor de 12.000 galegos residentes nesa cidade. No caso de São Paulo, uns 500 socios da Sociedade de Socorros Mutuos tamén poderán gozar do acordo asinado por Camba.
O secretario xeral asinou o convenio o luns en São Paulo cos dirixentes da Sociedade de Socorros Mutuos de São Paulo e do Centro Espanhol de Santos. Estes últimos tiveron que desprazarse a São Paulo para rubricar o convenio debido aos problemas co voo que viviu o secretario xeral, que chegou co tempo xusto para desprazarse a Salvador de Bahía, onde o mércores asinaba un acordo similar coa directiva da Real Sociedade Espanhola de Beneficencia-Hospital Espanhol. O xoves, reuniuse coa Sociedade Espanhola de Beneficencia de Río de Janeiro, para facer o propio.

Con estas firmas, amplíase a Brasil o compromiso da Xunta de Galicia de igualar os dereitos en materia de asistencia sanitaria dos galegos residentes no exterior cos dos residentes na Galicia territorial.

Firma de convenio en Salvador de Bahía
Camba destacou que este é o momento oportuno para formalizar estes convenios xa que o acordo de Seguridade Social subscrito entre os gobernos de España e Brasil se encontra suspendido. "Para a realización destes trámites dende Brasil, é necesario contar con persoal que dende as propias agrupacións de emigrantes realicen os labores de información e control da documentación, para a súa remisión mediante vía telemática á xerencia de atención primaria do Servizo Galego de Saúde que corresponda", incidiu o secretario xeral.

Estes convenios supoñen a extensión a Brasil dun dereito ao que xa teñen acceso os descendentes de galegos residentes en Arxentina, Uruguai, México e Venezuela. "Dende o Goberno da Xunta de Galicia seguiremos implementar tantas medidas en materia de programas sociais e asistenciais como sexa posible no actual escenario de crise económica no que nos encontramos, mirando en todo momento cara os galegos residentes no exterior como destinatarios lexítimos das nosas políticas e partícipes dos seus beneficios", asegurou o secretario xeral.

 

Fonte: Galicia en el Mundo  | Fotos: Galicia en el Mundo         

1004 lecturas