Novas
Buscador
- A sociedade «Monterroso y Antas de Ulla» de Cuba celebrou o entroido con música galega 29.02.2012 audio As danzas correron a cargo das nenas e nenos dirixidos polas profesoras Teresa Álvarez López, Maribel Álvarez García e Darlene Gamboa Bejel. A coreógrafa do espectáculo foi Yinete Hernández. A sociedade «Monterroso y Antas de Ulla» clausurou o entroido cunha gala á que asistiron preto de 800 persoas entre persoas asociadas e invitadas. O evento... Máis información
- Galicia foi a segunda comunidade que rexistrou menor déficit no ano 2011, case a metade da media das autonomías 28.02.2012 audio As comunidades galega e a madrileña son, ao igual que en 2009 e en 2010, as que presentan un mellor comportamento. Galicia tería un déficit inferior ao 1,3% se o anterior Goberno cumprira o sistema de financiamento autonómico e transferira o Fondo de Cooperación. A comunidade achega de novo solvencia a España e a Xunta reafirma o seu absoluto... Máis información
- Valentín Paz Andrade ten desde hoxe a súa dimensión máis actual e universal en Internet 27.02.2012 audio O web oficial do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012 foi presentado esta mañá pola Consellería de Cultura e Educación, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e o fillo do escritor, Alfonso Paz-Andrade. O secretario xeral de Cultura definiu “esta nova fiestra para achegármonos ao escritor como un recurso imprescindible de... Máis información
- O conselleiro de Cultura e Educación conmemora o X aniversario do pasamento de Camilo José Cela cunha xornada homenaxe 24.02.2012 audio Xesús Vázquez Abad inaugurou na Cidade da Cultura o encontro no que tamén se presenta o libro “Camilo José Cela- Antonio Vilanova: correspondencia”. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe pola maña a xornada homenaxe que conmemora o X aniversario do pasamento de Camilo José Cela, e que... Máis información
- O Centro Alma Gallega, en Uruguai, renovou a súa directiva 23.02.2012 audio A presidenta será Esperanza Pereira. O Centro Alma Gallega, en Uruguai, elixiu novas autoridades para o período 2012-2013. A xunta directiva quedou integrada nos seus principais cargos por Esperanza Pereira, como presidenta; Joaquín Álvarez, como vicepresidente; e Emilio Conde, como secretario. Desta forma reitérase un vello anhelo da... Máis información
- A Xunta mantén contacto coas autoridades locais arxentinas para coñecer os datos do sinistro ferroviario 22.02.2012 audio A Xunta de Galicia mantén permanente contacto coas autoridades locais para coñecer o alcance da traxedia ferroviaria vivida na xornada de hoxe en Bos Aires, e a súa posible repercusión na numerosa colonia galega residente na capital arxentina. Tanto o secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, como o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro... Máis información
- A Fundación Galicia Europa aluga parte do seu espazo en Bruxelas á Rede Europea de zonas de pesca 22.02.2012 audio A sinatura deste acordo permitirá ingresar á Fundación uns 25.000 euros anuais. Esta medida complementa a redución do cadro de persoal e de salarios decidida no mes de decembro no padroado da Fundación. A Fundación Galicia Europa vén de decidir alugar parte das instalacións da súa sede en Bruxelas á Rede Europea de zonas de pesca (Farnet,... Máis información
- Emigración publica os seminarios a celebrar en 2012 en colaboración cos centros galegos na diáspora 21.02.2012 audio Baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, cociña galega, e seminarios de carácter artesanal, son as modalidades previstas na edición deste ano. O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, asina a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia pola que se convocan varios seminarios para o vixente ano en colaboración coas entidades... Máis información
- A Xunta presenta a programación do Ano Celso Emilio Ferreiro coas principais institucións culturais de Galicia 20.02.2012 audio A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove durante 2012 un completo programa de actividades para difundir entre a cidadanía o legado do poeta no centenario do seu nacemento. Xunto coa Fundación Celso Emilio Ferreiro, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Casa dos Poetas e o Centro PEN de... Máis información
- Actuación do grupo de música tradicional contemporánea Talabarte na Casa de Galicia en Madrid 18.02.2012 audio No proxecto únense "tres músicos veteranos e indispensables" da escena musical galega: Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García. Editaron o seu primeiro álbum, "un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos". O grupo de música tradicional contemporánea Talabarte, formado por Quim Farinha (... Máis información
Páxinas |









