A sociedade «Monterroso y Antas de Ulla» de Cuba celebrou o entroido con música galega

As danzas correron a cargo das nenas e nenos dirixidos polas profesoras Teresa Álvarez López, Maribel Álvarez García e Darlene Gamboa Bejel.

A coreógrafa do espectáculo foi Yinete Hernández.

Listen to this page using ReadSpeaker
29 de febreiro de 2012.

Mozos e mozas cantaron e bailaron pezas tradicionais galegas. A sociedade «Monterroso y Antas de Ulla» clausurou o entroido cunha gala á que asistiron preto de 800 persoas entre persoas asociadas e invitadas.

O evento foi unha manifestación dende o máis fondo das tradicións galegas que perduran en Cuba, repletas da mellor das tradicións galaicas achegadas á cultura cubana polas e polos emigrantes galegos que chegaron a Cuba dende os primeiros anos do século XX.

As e os protagonistas deste entroido foron maioritariamente nenas, nenos e mocidade disfrazada con diversos traxes rexionais de Galicia, os que, dirixidas e dirixidos polos profesores Alain Terry e René Dellundé, representaron variadas escenas galegas.

As actuacións de danza e música galega foron moi gozadas polo público, quen aplaudiu entusiasmado ao grupo da sociedade Ponte Pedriña, que interpretou, entre outras temas, Muiñeira de San Andrés, Foliada de Andrea, Muiñeira de Ancares, Muñeira de Arbo, Jota de Louro, Jota de Don José, Muiñeira de Gutín e Muiñeira de Lugo.

As danzas correron a cargo das nenas e os nenos dirixidos polas profesoras Teresa Álvarez López, Maribel Álvarez García e Darlene Gamboa Bejel. A coreógrafa do espectáculo foi Yinete Hernández.

 

Foto: Galicia en el Mundo

967 lecturas