O conselleiro de Cultura e Educación conmemora o X aniversario do pasamento de Camilo José Cela cunha xornada homenaxe

Xesús Vázquez Abad inaugurou na Cidade da Cultura o encontro no que tamén se presenta o libro “Camilo José Cela- Antonio Vilanova: correspondencia”.

Listen to this page using ReadSpeaker

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na inauguración da xornada homenaxe que conmemora o X aniversario do pasamento de Camilo José Cela. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe pola maña a xornada homenaxe que conmemora o X aniversario do pasamento de Camilo José Cela, e que se celebra na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Durante a súa intervención, o conselleiro referiuse a figura do gañador do premio Nobel destacando que “entre os grandes protagonistas da nosa cultura, está, por dereito propio, don Camilo José Cela. E digo “da nosa cultura” nun auditorio tan plural como este porque Cela e a obra celiana forman parte, ao mesmo tempo, da cultura iriense, coruñesa, galega, española e universal. Pois Cela é, por enriba de todo, un autor clásico no sentido etimolóxico da palabra. En Cela recoñécese dun xeito absoluto o compromiso do creador coa súa obra, a paciencia e o constante esforzo do traballo cotián. Mais tamén está presente nel a ansia de liberdade para ensaiar novas formulas literarias, para revelarse contra o propio autor consagrado pola crítica”.

A obra literaria
Vázquez Abad sinalou que “o óbito de Cela hai xa dez anos deu paso a un renacemento ou a unha segunda vida da súa monumental obra. Unha obra que durante este período foi revisada, estudada, criticada e, sobre todo, lida e gozada por lectores de todo o mundo. Quero resaltar isto. O sentido último da literatura reside tanto na expresión libre do creador para dicir aquilo que define á nosa humanidade do xeito que mellor lle pareza, como na propia lectura dos textos creados. Pois son precisamente os lectores e as lectoras os que agrandan e aquilatan todas as obras, incluso ás clásicas”.

Tras a súa intervención a profesora do IES Rosalía de Castro Ana María Platas Tasende deu conta do arte de novelar do autor. A continuación Jose María Paz Gago, da Universidade da Coruña fixo un relatorio sobre Camilo José Cela: un escritor de cine. Xa pola tarde haberá una referencia a unha das súas principais obras La colmena, tratando sobre a súa xéneses e recepción. Finalmente Marta Cristina Carbonell, da Universidade de Barcelona tamén falou da mesma obra con Tres fiestras sobre Madrid en “La Colmena”.

Recompilación epistolar
A última hora o vicerreitor adxunto ao reitor da Universitat de Barcelona, Carles Carreras; e o vicerreitor da Universidade Camilo José Cela, presentan o libro Camilo José Cela- Antonio Vilanova: correspondencia. Unha edición da relación epistolar que mantiveron o autor galego e o catedrático de Filoloxía Hispánica na Universitat de Barcelona. Sobre esta publicación o conselleiro sinalou que “no libro compílanse un total de 89 cartas que nos permiten facernos unha composición de lugar sobre como podería ter sido o panorama literario español na década dos 50 e 60”.

Coa lectura das cartas chegase a coñecer a estreita relación humana e intelectual que había entre ambas personalidades, e pódese profundizar, ademais, en aspectos da cultura española de mediados do século XX. O prólogo corre a cargo do catedrático Adolfo Sotelo, que tamén asiste á presentación, e se converte nunha folla de ruta da recompilación de cartas, hasta agora inéditas.

886 lecturas