Novas
Buscador
- Miranda compromete o mantemento das axudas de carácter socio asistencial para os galegos e as galegas residentes en Cuba 24.03.2013 audio O secretario xeral da Emigración insta ás sociedades parroquiais con presenza en toda a illa a intensificar o papel integrador da Agrupación que as representa. Antes de aterrar no Caribe, intensificou a súa axenda de contactos co empresariado galego en Miami e Nova York, para buscar novas canles de relación nas dúas beiras do Atlántico. O... Máis información
- As persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social en España sitúanse en 1.596.391 en febreiro 22.03.2013 audio En Galicia, ao contrario que a media do estado, o dato é positivo: se no conxunto de España a afiliación baixa en -3.964 persoas, o -0,25% respecto a xaneiro, na nosa comunidade sobe nun +0,08%. Por xéneros, das 31.624 persoas afiliadas na nosa comunidade, 17.115 son homes (o 54,12 % do total) e 14.510 mulleres (o 45,88 % do total). No que á súa... Máis información
- Miranda inicia a súa primeira viaxe a Estados Unidos, onde se achegará ás comunidades galegas alí residentes, e contactará con axentes económicos para a proxección exterior de Galicia 21.03.2013 audio O secretario xeral da Emigración visitará Nova York e Newark no norte, e Miami no Estado da Florida. O mandatario achégase despois á diáspora galega en Cuba, onde residen máis de 27.000 galegos e galegas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia a súa primeira visita institucional aos Estados Unidos, onde coñecerá... Máis información
- O proxecto "As Escolas da Emigración" trata de recuperar o legado educativo da emigración galega 20.03.2013 audio Foi desenvolvido polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. O proxecto catalogou 318 escolas en Galicia froito das aportacións e a iniciativa de particulares e sociedades de instrución integradas por emigrantes galegos e galegas en América. Está... Máis información
- "Galicia non está diante dunha nova ondada de emigración" 19.03.2013 audio "Os galegos non se van á aventura, estano a facer dun xeito ordenado e nun proceso que vai á baixa". Reprodúcese deseguido a entrevista ao secretario xeral da Emigración publicada o domingo 17 de marzo no xornal Faro de Vigo. Tres meses no cargo e xa percorreu miles de quilómetros: Reino Reino Unido a Alemaña, Suíza, Arxentina e Uruguai... Máis información
- Convocados os cursos presenciais das ‘Escolas Abertas 2013’ de Emigración, que aumentan este ano as prazas pola súa demanda 15.03.2013 audio O obxectivo deste programa anual da Xunta é facilitar o acceso á formación especializada aos galegos e galegas residentes no exterior en gaita, baile, percusión, canto e pandeireta, e este ano, como novidade, confección de traxe tradicional. A Secretaría Xeral da Emigración vén de facer pública a convocatoria das bases para os obradoiros de... Máis información
- O Parlamento Europeo pide poñer fin á discriminación laboral das persoas inmigrantes 15.03.2013 audio O texto aprobado recorda que a lei esixe que as e os empregadores concedan un igual trato a todos os empregados e empregadas e que impidan a súa discriminación por razóns de relixión, sexo, orixe étnica ou nacionalidade. O Parlamento Europeo aprobou o pasado xoves un informe que pide poñer fin á discriminación laboral das e dos inmigrantes de... Máis información
- A Xunta reforza a súa colaboración coa fundación Paideia e oferta 10 prazas para realizar prácticas laborais en Alemaña 14.03.2013 audio A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou este mércores na Coruña as xornadas ‘Mobilidade de mozos e mozas en situación de desvantaxe’, enmarcadas no proxecto ‘La Ida’ da Fundación Paideia. Os mozos e mozas en situación de desemprego e sen formación poderán traballar en Alemaña durante 4 semanas nos sectores do metal e o... Máis información
- A primeira axencia que embarcou emigrantes dende o porto de Vigo 13.03.2013 audio García-Reboredo é a primeira consignataria galega, e probablemente, a primeira de España. De feito, empezou a súa andaina no ano 1830, así que a quinta xeración da familia prepárase para celebrar os seus douscentos anos de existencia. Foi José García Reboredo o que, dende Vilagarcía, empezou a embarcar emigrantes no porto de Vigo, actividade que... Máis información
- O Seminario "Elaboración e Xestión de Proxectos Sociais" celebrarase en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 12.03.2013 audio Está organizado por Ad-Ecos, iniciativa da ONGD Ecos do Sur, dentro da súa liña de Ad-Workshop. Ad-Ecos, iniciativa da ONGD Ecos do Sur, dentro da súa liña de Ad-Workshop, desenvolverá un Seminario sobre a Elaboración e Xestión de Proxectos Sociais. Terá lugar o próximo sábado 16 de marzo no Centro de Negocios Compostela Norte, en Santiago de... Máis información
Páxinas |









