Novas
Buscador
- Emigración investirá neste ano 2013 dous millóns de euros en axudas individuais para galegos e galegas no exterior 11.03.2013 audio Emigración subvenciona así as necesidades básicas de subsistencia e atención socio sanitaria dos galegos e galegas en situación de maior precariedade económica. O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos... Máis información
- Miranda reúnese en Bos Aires cos presidentes do Centro Galicia e do Centro Gallego, representantes de máis de 30.000 emigrantes 11.03.2013 audio No primeiro caso, trátase dunha entidade que nace en 1979 como resultado da unión doutras tres asociacións. Mercé a esta primeira viaxe institucional a Latinoamérica, Miranda puido coñecer de primeira man a situación da diáspora galega en Arxentina e Uruguai, e formalizar a sinatura de catro convenios de asistencia social e sanitaria á comunidade... Máis información
- Máis de 80 empresas interésanse polo mercado latinoamericano no encontro coa plataforma Pexga de Bos Aires 11.03.2013 audio O número de empresas galegas que exportaron a Arxentina medrou en 2012 nun 37% con respecto a 2009. Entre as empresas participantes no punto de encontro celebrado en Santiago destacaron as de sectores como a informática, a fabricación de maquinaria, o comercio ou a construción. Máis de 80 empresas galegas participaron durante esta semana en... Máis información
- Dúas asociacións galegas de Bos Aires anuncian que inician o camiño para unirse 10.03.2013 audio O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral da Emigración despídense da colectividade galega na Arxentina insistindo na necesidade de optimizar os recursos, tanto públicos como propios das entidades. A Xunta e o Centro Gallego de Mar del Plata asinaron un convenio de colaboración para o uso do centro de día dependente desta entidade. Os... Máis información
- A Xunta e a Embaixada española analizan as oportunidades que ofrece a visita do presidente uruguaio a Galicia 09.03.2013 audio A Xunta e a Embaixada española analizan as oportunidades que ofrece a visita do presidente uruguaio a Galicia. Rueda e o secretario xeral da Emigración visitaron a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos, que celebra este ano o seu 160 aniversario. A Xunta asinou convenios de colaboración co Hogar Español e coa Casa Galicia, que teñen un... Máis información
- Rueda e Miranda asinan na súa primeira xornada en Arxentina un convenio para a atención socio sanitaria a anciás e anciáns galegos 08.03.2013 audio Vicepresidente e secretario xeral entrevístanse mañá co embaixador español en Uruguai, con quen prepararán a axenda da viaxe do presidente Mujica en xuño a Galicia. Na súa primeira xornada de estadía en solitario, Rodríguez Miranda tivo oportunidade de reunirse coa Federación de Asociacións Galegas, á que insistiu na necesidade da unión de... Máis información
- Mujica visitará Galicia a primeiros de xuño 08.03.2013 audio O presidente uruguaio busca "novas oportunidades" de negocio na área eólica e naval. Feijóo quere "reforzar" a presenza de empresas galegas en Uruguai, onde xa traballan na construción de barcazas. O presidente de Uruguai, José Mujica, aproveitará a súa visita a España en torno ao 28 de maio para desprazarse a Galicia -entre... Máis información
- Alfonso Rueda e Rodríguez Miranda inician unha viaxe institucional a Arxentina e Uruguai, países nos que residen case douscentos mil galegos e galegas 07.03.2013 audio A unión de entidades para a racionalización e optimización no uso dos recursos, e a especialización das máis solventes, son algunhas das mensaxes que a Xunta quere transmitir á diáspora dos dous países. O reforzamento do papel da muller, e da mocidade, nas entidades galegas do Exterior, e tamén a busca de novos investimentos e nichos de negocio... Máis información
- A Xunta desexa o mellor futuro posible para os cidadáns e as cidadás de Venezuela tras o falecemento do seu presidente 06.03.2013 audio A colonia galega na República Bolivariana está conformada por 44.891 residentes. A Xunta de Galicia quere transmitir o seu respecto ao pobo venezolano tras o pasamento do presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, e desexa que o período extraordinario que se abre naquel país frutifique nun futuro próspero para todas e todos os... Máis información
- As persoas inmigrantes tamén terán que declarar os seus bens no estranxeiro 06.03.2013 audio No caso de omitir a obriga de informar, a sanción ascende a 10.000 euros. A Asociación de Asesores Fiscais (Asefiget) alerta de que as máis de seis millóns de persoas inmigrantes que vivan en España veranse afectadas pola obrigatoriedade de declarar as contas, bens e seguros no estranxeiro antes do 30 de abril. Deste modo, calquera persoa que... Máis información
Páxinas |









