Novas
Buscador
- Chegan as e os participantes na segunda quenda de ‘Conecta con Galicia’, que fai posible que descendentes de galegos e galegas en América Latina coñezan e divulguen a Galicia actual e moderna 14.07.2013 audio A iniciativa desenvólvese en dúas modalidades, unha de actividades ao aire libre e outra en campos de traballo. As e os 84 participantes na segunda quenda do programa ‘Conecta con Galicia’, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, chegan mañá a Galicia, onde terán oportunidade... Máis información
- Rodríguez Miranda e o lehendakari Urkullu participaron no Día de Galicia en Euskadi 07.07.2013 audio A gran celebración anual conxunta das comunidades galegas no País Vasco tivo lugar nesta ocasión en Santurce. Miranda asistirá tamén o vindeiro martes a unha cita similar en Pamplona, coincidindo coas festas patronais da capital navarra. O secretario xeral da Emigración percorre estes días ambas comunidades autónomas, coñecendo de primeira man as... Máis información
- Feijóo subliña “a amplitude de miras e a tolerancia dos galegos”, que fan máis doado “desenvolverse no mundo global” 05.07.2013 audio O mandatario autonómico asiste en Barcelona a entrega dos Títulos de Excelencia Galega 2013 que concede a Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña (AEGA-CAT). Destaca a “misión cumprida” polas empresarias e os empresarios galegos en Cataluña durante 24 anos, potenciando negocios, impulsando o investimento en Galicia, recuperando e... Máis información
- Mañá entrará en vigor a nova Lei da Galeguidade 04.07.2013 audio O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, aprobada polo Parlamento de Galicia o pasado 11 de xuño. O novo texto lexislativo preserva o patrimonio das Comunidades Galegas no Exterior, dá pulo á muller e á xuventude, e consolida as prestacións socioasistenciais á diáspora. Tamén destaca a incorporación ao... Máis información
- A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas reunirase en Santiago de Compostela o vindeiro 24 de xullo 03.07.2013 audio Será a súa primeira xuntanza tras a aprobación polo Parlamento de Galicia, o pasado 11 de xuño, da nova Lei de Galeguidade. Terá lugar na Cidade de Cultura de Galicia, no Gaiás compostelán, na véspera do Día de Galicia. O Diario Oficial de Galicia de hoxe, mércores 3 de xullo de 2013, publica a convocatoria da Comisión Delegada do Consello de... Máis información
- Lar Gallego de Chile, ser galego na fin do mundo 02.07.2013 audio A entidade galega na capital do país andino foi fundada en 1967. Con anterioridade existiron en Santiago o Centro Gallego, en funcionamento entre 1915 e 1925, e a Colectividad Gallega de Chile, en funcionamento entre 1930 e o 1967. Existe en Santiago de Chile unha agrupación chamada Lar Gallego que ten como principal obxectivo fomentar a... Máis información
- Comeza o programa ‘Conecta con Galicia’ de Emigración e Xuventude, que fai posible que 177 descendentes de galegos e galegas en América Latina convivan con 80 mozos e mozas residentes na comunidade 01.07.2013 audio A iniciativa desenvólvese en dúas modalidades, unha de actividades ao aire libre e outra en campos de traballo. Os primeiros e as primeiras participantes do programa ‘Conecta con Galicia’, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, chegaron xa a Galicia, onde terán oportunidade de... Máis información
- O Igape salienta a cooperación de 90 empresas galegas para implantarse co apoio da Xunta nos mercados de Brasil e México 01.07.2013 audio As empresas colaboran en 18 proxectos empresariais ao amparo do programa Primex do Igape, que fomenta a cooperación entre as compañías. O director do Igape, Javier Aguilera, salienta os avances acadados polas empresas galegas en Latinoamérica grazas aos servizos en destino achegados pola rede Pexga o polas asociacións de empresarios e empresarias... Máis información
- Máis de 8.200 mozos e mozas galegos participarán na campaña de verán de Xuventude que comeza este luns 30.06.2013 audio Na primeira quenda, que se prolongará ata mediados de xullo, participarán un total de 1.430 mozos e mozas. As actividades, que este ano chegarán a preto de 100 persoas máis que o anterior, diríxense a persoas entre 9 e 35 anos e divídense en actividades específicas para os distintos grupos de idade. O departamento autonómico investirá preto de 2,3... Máis información
- Miranda participa na celebración galega anual de Nuremberg, cidade na que iniciaron o proceso de unión dúas comunidades galegas 29.06.2013 audio Trátase da primeira iniciativa deste tipo que frutifica en Europa, trala culminada en maio por quince entidades de Cataluña, estando en proceso iniciativas similares en Arxentina e Cuba. O secretario xeral da Emigración tivo igualmente oportunidade de entrevistarse con representantes de entidades galegas doutras localidades, e mañá domingo visita... Máis información
Páxinas |





