Novas
Buscador
- Preséntase hoxe en Bos Aires "Cometa que sigue disparado", o libro de María Cristina Nogueira 28.06.2013 audio A obra fala da emigración do seu avó e a súa avoa dende unha pequena aldea de Galicia ata a Arxentina e das mulleres da súa familia, as personaxes máis fortes do libro. Será no Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA) este venres 28 de xuño a partir das 19,00 h., con entrada libre e de balde. O Museo da Emigración Galega na Arxentina... Máis información
- Unha nova Xunta Directiva tomou posesión na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas 27.06.2013 audio Tralo traspaso de poderes entre a corporación directiva entrante e a saínte, que presidirá Juan Suárez Lemos durante o período 2013-2015, celebrouse un acto protocolario no Teatro Rosalía de Castro da entidade. O pasado venres 31 de maio de 2013, asumiu funcións a nova Xunta Directiva da Herrmandad Gallega de Venezuela, para o período 2013-2015,... Máis información
- Xosé Manuel Malheiro pronunciou na Biblioteca Antonio Pérez Prado de Bos Aires unha conferencia sobre o legado da nosa diáspora no sistema educativo de Galicia 26.06.2013 audio O profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña disertou baixo o título "Instruír e traballar. As institucións galegas en América e o seu legado en Galicia" sobre as características do sistema escolar en Galicia a finais do século XIX e comezos do XX e a aportación da emigración galega no mesmo. Apuntou que as... Máis información
- A Agrupación Artística Gallega de La Habana celebrou o aniversario colectivo de 158 asociadas e asociados 25.06.2013 audio 158 socios e socias da histórica entidade galega na capital cubana (cumprirá os cen anos no mes de setembro de 2019) nacidos e nacidas entre os meses de xaneiro e xuño foron homenaxeadas nun acto que se desenvolveu o pasado domingo 23 de xuño. Na Agrupación Artística Gallega da Habana, Cuba, celebrouse o aniversario colectivo de 158 persoas... Máis información
- A Xunta celebra a decisión da RAG e prepara xa a homenaxe que Galicia lle vai render ao poeta Díaz Castro co gallo do Día das Letras 24.06.2013 audio A Consellería de Cultura e Educación salienta ademais o labor do guitiricense como docente, así como o seu traballo en prol da nosa lingua desde unha poesía que entronca co sentir máis profundo de Galicia como pobo. A Xunta de Galicia celebrou hoxe a decisión da Real academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras 2014 a Xosé María Díaz Castro... Máis información
- Rodríguez Miranda participa na celebración da diáspora no Reino Unido, onde residen case doce mil galegos e galegas 23.06.2013 audio O secretario xeral da Emigración animou á colaboración das e dos residentes para axudar á proxección exterior da economía galega, e a que o Centro Galego siga sendo referente da diáspora no Reino Unido. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participa este domingo na gran celebración anual da colectividade galega residente... Máis información
- Feijóo e o embaixador de Cuba manteñen unha reunión preparatoria da viaxe que o presidente da Xunta realizará á illa no segundo semestre do ano 21.06.2013 audio O mandatario galego e o responsable da legación estudaron avances no deseño da axenda de Feijóo para a súa próxima visita a Cuba. Ademais do encontro coa colectividade galega residente na illa, será unha prioridade a busca de novas vías para a proxección internacional da economía galega. O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o embaixador de... Máis información
- Grugalma celebra as súas XXIX Xornadas de cultura galega na Casa de Galicia en Madrid 20.06.2013 audio Dedicadas a Fernando El Católico e San Francisco de Asís, co título "Dous personaxes que deron celebridade ao Camiño de Santiago". O Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma), que preside o profesor Manuel Mourelle de Lema, iniciou hoxe na Casa de Galicia as súas XXIX Xornadas de Cultura Galega, que finalizarán mañá. Esta edición ten... Máis información
- Exposición sobre a emigración e o asociacionismo galego na Casa de Cultura de Elgoibar 19.06.2013 audio Tras percorrer distintas cidades de España, Europa e América, "Nós mesmos: Asociacionismo galego na emigración" inaugúrase hoxe na vila guipuscoana, onde permanecerá aberta ao público ata o 29 deste mes. A mostra, realizada polo Consello da Cultura Galega a través do seu Arquivo da Emigración Galega, contou coa colaboración da Secretaría... Máis información
- O Centro Galego de Lleida celebrou, un ano máis, o Día das Letras Galegas 18.06.2013 audio Unha conferencia sobre Roberto Vidal Bolaño, a actuación da Coral Cengallei da entidade galega na cidade catalana e unha cea de Irmandade centraron os actos conmemorativos deste ano. O pasado sábado 15 de Xuño o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia) celebrou o Día das Letras Galegas 2013, que neste ano conmemora tamén o 150º Aniversario da... Máis información
Páxinas |









