Lar Gallego de Chile, ser galego na fin do mundo

A entidade galega na capital do país andino foi fundada en 1967.

Con anterioridade existiron en Santiago o Centro Gallego, en funcionamento entre 1915 e 1925, e a Colectividad Gallega de Chile, en funcionamento entre 1930 e o 1967.

  • Imaxe dalgúns e dalgunhas integrantes da entidade galega na capital da República de Chile. Foto: www.sonsdagaliza.com
    Imaxe dalgúns e dalgunhas integrantes da entidade galega na capital da República de Chile. Foto: www.sonsdagaliza.com
  • Imaxe dalgúns e dalgunhas integrantes da entidade galega na capital da República de Chile. Foto: www.sonsdagaliza.com
    Imaxe dalgúns e dalgunhas integrantes da entidade galega na capital da República de Chile. Foto: www.sonsdagaliza.com
  • Imaxe dalgúns e dalgunhas integrantes da entidade galega na capital da República de Chile. Foto: www.sonsdagaliza.com
    Imaxe dalgúns e dalgunhas integrantes da entidade galega na capital da República de Chile. Foto: www.sonsdagaliza.com
  • Imaxe dalgúns e dalgunhas integrantes da entidade galega na capital da República de Chile. Foto: www.sonsdagaliza.com
    Imaxe dalgúns e dalgunhas integrantes da entidade galega na capital da República de Chile. Foto: www.sonsdagaliza.com
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2013.

Existe en Santiago de Chile unha agrupación chamada Lar Gallego que ten como principal obxectivo fomentar a galeguidade e hispanidade en todos os aspectos que sexa posible. Son en total máis de 300 socios e socias, inmigrantes directos de Galicia e xunto ás e aos seus familiares (fillos e fillas, irmáns e irmás, netos e netas, bisnetos, etc) conforman a agrupación galega máis destacada de Chile.

Este grupo nace preto do ano 1915 formado por galegos e galegas residentes en Santiago que comezaron a xuntarse en diferentes lugares da cidade. Xuntábanse nunha casa grande de rúa Estado coa Alameda, para finalmente congregarse na Unión Española situada na rúa Carmen, 110. O 10 de novembro de 1967 é cando finalmente se constitúen como unha corporación cultural sen fins de lucro que se denominou corporación Lar Gallego "que perdura ata a data" cóntanos Francisco Bustos, secretario da corporación. Co quebre da Unión Española todas as organizacións que traballaban no recinto deberon saír. É por esta razón que dende o ano 2006 Lar Gallego funciona de xeito activo no Estadio Español de Las Condes, grazas ao convite do directorio, o que lles permite utilizar as instalacións e compartir coa maioría das corporacións españolas rexionais.

Hoxe en día o Lar Gallego é unha agrupación que está vixente e posúe rexistro de Galeguidade N°194 outorgado pola Xunta de Galicia. A corporación mantivo as súas raíces, grazas á gran participación das e dos seus integrantes e persoas colaboradoras, as cales son naturais de Galicia e dedícanse a realizar actividades culturais e tradicionais hispanas. "As actividades que realizamos sempre son: Día das Letras Galegas, Ciclo de Cine Galego, Expo-Arte, Mes de Galicia, Celebración do día do Apóstolo de Santiago, Día da Hispanidade ou Encontro de bailes celtas, entre outros" engade Francisco. Ademais das actividades en Chile, tamén se organizaron dúas viaxes a Galicia (1982 e 2004) con motivo da celebración do Ano Xacobeo.

A pesar da gran distancia que existe coa súa terra natal trátase de manter a cultura o máis parecida posible, pero os socios e socias non descoñecen que a distancia entre España e Chile é un factor importante e que afecta, sobre todo para conseguir instrumentos, traxes tradicionais ou cursos e seminarios de capacitación. "Non é doado ser galego na fin do mundo, é por isto que traballamos arduamente na xestión de contactos con empresas tales como o Obradoiro de Gaitas Seivane ou outras similares á hora de pedir instrumentos, o vestiario confeccionámolo acá, sempre tratando de estar ao día nas tendencias que van xurdindo co tempo; e en canto ás técnicas de canto, gaita, danza e percusión postúlase unha vez ao ano a seminarios que se realiza a Xunta tanto en Galicia coma en Chile co propósito que vaian adquirir os nosos docentes novos coñecementos, ou traer un profesor directo dende alá" cóntanos Francisco con moito orgullo.

Cada certo tempo os galegos e galegas residentes en Chile realizan encontros con comunidades galegas do mundo e mantense un contacto estreito con distintos centros para intercambiar ideas, coñecementos ou experiencias sobre diferentes temáticas, a globalización tecnolóxica, as redes sociais e o correo electrónico axudaron a que esta relación sexa máis próxima e amena.

O Lar Gallego é sustentado a través do traballo que se realiza na caseta verbenera para o día da Hispanidade, grazas á achega de cotas sociais e voluntarias, rifas, doazóns e colaboracións. Ademais pódese recibir algunha achega da Xunta de Galicia ou do organismo encargado das Migracións do Goberno de España, apoios que nesta época de crise se fai menos factible e é atendible, sen dúbida.

"O noso principal obxectivo é fomentar a galeguidade e hispanidade en todos os aspectos que sexa posible, é por isto que debemos continuar innovando e desenvolvendo novas alternativas de espazos para a colectividade e ir crecendo xunto ao tempo e aos requirimentos actuais" comenta o Secretario do Lar Gallego. O bo de estar lonxe do fogar é que hoxe en día grazas á globalización e a tecnoloxía, a comunicación é máis doada, dinámica e accesible entre diversos centros galegos arredor do mundo e sobre todo para aprender directamente dende Galicia. Hoxe en día ser un galego ou unha galega na fin do mundo, non che fai un cidadán ou cidadá galega distinta, o único problema é estrañar a terra patria; a cultura, o nacionalismo, a historia e todo o que ensina a bela España será algo que calquera hispano ou hispana levará a calquera lugar do mundo e ensinará con amor e respecto ás outras culturas.

 

Fonte e fotos: www.sonsdagaliza.com

En imaxes
2486 lecturas