Novas
Buscador
- Feijóo constata o interese das e dos emprendedores por aproveitar os vínculos históricos entre Galicia e Cuba para acompañar ao pobo cubano na súa vontade manifesta de desenvolvemento 06.12.2013 audio O titular da Xunta preside un encontro de traballo coa ‘Asociación de Empresarios Españoles en Cuba’ e a misión comercial galega desprazada estes días á Habana. Destaca que Cuba está a adoptar nos últimos tempos decisións económicas “nas que os empresarios galegos e españois poden participar” e destaca o carácter estratéxico do país para... Máis información
- Feijóo: “A nosa política social estaría incompleta se non priorizasemos as necesidades dos emigrantes galegos” 06.12.2013 audio O mandatario galego presidiu na Habana a presentación de dúas publicacións de temática galego-cubana. A atención dos residentes galegos e galegas en Cuba é o principal asunto a abordar coas e cos membros do Goberno cubano que lle teñen requirido un encontro ao longo da súa estancia na illa. O presidente da Xunta ve a unión das sociedades galegas... Máis información
- Feijóo subliña que a unión das 38 entidades galegas en Cuba permitirá redobrar os seus recursos e alcance para que o traballo sexa máis eficiente e se abra á poboación máis nova 05.12.2013 audio Resalta que, pese á crise, Galicia mantivo as axudas ás e aos emigrantes como parte esencial da política social, e que este ano chegaron a 7.000 familias galegas en Cuba. Salienta que a cooperación que deu orixe ás casas de galegos e galegas “volve ser o instrumento para que Galicia exista en Cuba”, a través dunha fusión de entidades que tamén se... Máis información
- Feijóo anima ás e aos emprendedores galegos a explorar vías de investimento en Cuba e alcanzar un fluxo económico que prolongue os intensos vínculos humanos que xa existen entre os dous territorios 05.12.2013 audio O titular da Xunta inaugurou na Habana o Foro empresarial Cubano-Galego. Afirma que España en xeral e Galicia en particular están pendentes dos desafíos que os novos tempos lle plantexan a Cuba e expresa o seu desexo de que o futuro que lle agarda non é sombrío senón venturoso. Destaca os eidos nos que a colaboración pode ser beneficiosa para... Máis información
- Feijóo viaxa a Cuba para encontrarse coa colectividade galega, afondar nos lazos históricos e culturais coa illa e procurar novas vías de proxección internacional da nosa economía 04.12.2013 audio O presidente da Xunta desenvolverá na Habana unha axenda de actos centrada no reforzo do apoio e da atención ás e aos 38.500 residentes galegos e galegas en Cuba. Presidirá a sinatura do acordo de unión entre 38 entidades galegas e cubanas, unión que representa a folla de ruta que a Xunta quere impulsar para garantir a supervivencia dos centros... Máis información
- El Centro Gallego brilló en la Fiesta Nacional de Colectividades 2013 de Rosario 03.12.2013 audio Por el stand de la entidad gallega en la ciudad cuna de la bandera argentina pasaron cerca de 90.000 personas, que pudieron visionar la muestra "Emigración Galega ás Américas", exposición fruto de la colaboración del Centro Gallego con la Xunta de Galicia. El domingo 24 también se participó en el homenaje "Rosalía Universal" que la diáspora... Máis información
- Miranda compromete o apoio da Xunta ao proceso de revitalización do Lar Galego de Pamplona 02.12.2013 audio O secretario xeral da Emigración visitou a única comunidade galega de Navarra, presente na rexión desde hai máis de 60 anos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, completou a súa andaina desta fin de semana a San Sebastián, onde foi investido confrade de honra da ‘Enxebre e Pelengrina Confradía da Augardente e a Queimada no... Máis información
- A Confraría da Queimada no País Vasco inviste como novo membro de honra a Antonio Rodríguez Miranda 30.11.2013 audio Esta distinción foi recollida entre moitas e moitos outros, ao longo dos seus 20 anos de existencia, por Perurena, Díaz Pardo, Chillida ou Arguiñano. O secretario xeral da Emigración acepta o nomeamento este domingo no decurso do XX Gran Capítulo da entidade. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aceptará este domingo o seu... Máis información
- Rodríguez Miranda pide unión de entidades sociais galegas de Bos Aires 27.11.2013 audio O secretario xeral da Emigración do Goberno galego, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe un centro de persoas xubiladas galegas de Bos Aires e pediu pola unión das entidades galegas de Arxentina. "A idea é intensificar a preocupación polas persoas e entidades de contido social e traballar en Bos Aires en forma continua, para que cada día haxa... Máis información
- Tras participar desde Bos Aires na celebración conxunta da diáspora galega de todo o mundo, Miranda viaxa a Uruguai para axudar a materializar o camiño cara unha posible unión, anunciado por 13 entidades 24.11.2013 audio Ademais de ao acto conxunto na honra de Rosalía de Castro, o secretario xeral da Emigración asistirá na Arxentina á entrega das ‘compostelas’ aos primeiros rapaces e rapazas participantes no programa ‘Conecta con Galicia’ e á conferencia do deán da catedral de Santiago sobre o Códice Calixtino, entre outras actividades. En Montevideo visitará... Máis información
Páxinas |






