O Centro Galicia en Ponferrada organiza a Romaría da Cruz de Ferro

  • O Centro Galicia en Ponferrada organiza a Romaría da Cruz de Ferro
    O Centro Galicia en Ponferrada organiza a Romaría da Cruz de Ferro
  • O Centro Galicia en Ponferrada organiza a Romaría da Cruz de Ferro
    O Centro Galicia en Ponferrada organiza a Romaría da Cruz de Ferro
Listen to this page using ReadSpeaker
Ponferrada, 21 de xullo de 2014.

Como vén sendo habitual o Centro Galicia en Ponferrada organiza a Romaría da Cruz de Ferro, festa declarada de "Interese turístico Provincial" en conmemoración ao Día de Galicia, este ano farase o domingo 27 de Xullo. Desenvólvese na Paraxe da Cruz de Ferro, pertencente ao Concello de Santa Colomba de Somoza. Así mesmo enxalzaremos o Camiño de Santiago e á figura do Peregrino no seu paso pola Cruz de Ferro.

Este ano é o XXXII aniversario da inauguración da Ermida que o Centro Galicia alí ten. O programa de actos comezas ás 9.30 coa saída de autocares dende a sede social cara á Cruz de Ferro. Ao longo da mañá poderase gozar de bolo preñado e viño. Sobre as 12.30 á entrada da Ermida terá lugar a entrega do Romeiro de Ouro 2014 que este ano recae na figura de D. Damián Tascón Cuesta, Presidente da ONG Banco de Alimentos do Sil, unha distinción á solidariedade cos mais necesitados.

Estaremos acompañados por diversas autoridades e personalidades. Misa na Ermida e procesión do Apostol acompañado pola Banda de Gaitas, pandereteiras e baile do Centro Galicia e unha orquestra. Teremos un baile vermú na explanada.

Gozaremos dunha comida campestre, gastronomía galega cun pulpeiro para quen o desexe e pola tarde desenvolveranse diversos xogos para os nenos e bailes populares con orquestra.

En imaxes
619 lecturas