Es emigrante retornado ou retornada e queres montar unha empresa?
As subvencións de Secretaría Xeral da Emigración incentivan o autoemprego e á creación de empresas neste sector.
O regreso a Galicia das e dos emigrantes non sempre é fácil. Por esta razón, a Secretaría Xeral da Emigración lanzou por segundo ano consecutivo a súa liña de subvencións para axudar a todas as persoas que estiveron traballando no exterior e volven á comunidade para autoemplearse ou crear unha empresa.
Co obxectivo de loitar contra o desemprego presente, as axudas incentivarán que os emigrantes retornados aproveiten a bagaxe, coñecementos e experiencias profesionais e persoas en beneficio de toda a comunidade desenvolvendo a súa actividade profesional e empresarial como traballador autónomo ou por conta propia, ou como socio traballador de sociedades laborais ou cooperativas, establecendo o proxecto en territorio galego. A contía tope da axuda é de 4.000 euros para autónomos e 6.000 para as sociedades laborais ou cooperativas. A suma elévase en 1.000 euros nos casos dos solicitantes mulleres ou menores de 39 anos.
Promovendo os proxectos que teñen en mente os que regresen así como o autoemprego e a creación de empresas, o plan é crear novos postos de traballo, converter a Galicia en centro de investimentos de capital ao mesmo tempo que se consolida o seu regreso ao seu lugar nacemento. Con estas novas subvencións, que son complementarias das axudas da Consellería de Traballo e Benestar para autónomos e emprendedores, o Goberno galego materializa o seu compromiso de loita contra o desemprego e de apoio á creación de novas empresas radicadas na comunidade.
As axudas da Secretaría Xeral da Emigración subvencionarán os gastos iniciais de establecerse como traballadores autónomos ou por conta propia así como o 80 % dos gastos de notaría, rexistro, taxas, aluguer do local ou equipamento, licenzas, servizos externos, gastos derivados da implantación da pagina web e subministracións como auga, luz ou calefacción xerados.
Estas subvencións teñen como requisito principal ser emigrante retornado, é dicir, con nacionalidade española e sen que teña pasado máis de dous anos desde o regreso a España. Ademais, tamén haberá que ter fixada a residencia en Galicia, estar dado de alta nalgún dos réximes da Seguridade Social ou na mutualidad que corresponda.
O prazo para a presentación de solicitudes termina o próximo 30 de setembro. As bases reguladoras destas concesións poden consultarse no DOG do 23 de febreiro.
Fonte: La Voz de Galicia
Novas relacionadas



