A Xunta expresa a súa máis firme condena aos atentados de París e transmite a solidariedade do pobo galego ás vítimas e ás súas familias

O Executivo galego considera que este acto de terrorismo é froito da senrazón e da barbarie máis cruel que pode atentar contra os principios democráticos dunha nación emblema de convivencia e da defensa dos dereitos e liberdades das persoas.

  • Os conselleiros de Economía Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, participaron hoxe na concentración en repulsa polos atentados terroristas de París convocada polo Concello de Santiago. Foto: Ana Varela
    Os conselleiros de Economía Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, participaron hoxe na concentración en repulsa polos atentados terroristas de París convocada polo Concello de Santiago. Foto: Ana Varela

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2015.

A Xunta de Galicia, a través do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, quere expresar a súa máis firme condena aos atentados rexistrados onte en París e transmitir, en nome do conxunto dos galegos e as galegas, o seu pesar e solidariedade ás vítimas, ás súas familias e a todo o pobo francés.

O Executivo galego considera que este acto de terrorismo é froito da senrazón e da barbarie máis cruel que pode atentar contra os principios democráticos dunha nación que hoxe en día é emblema de convivencia e da defensa dos dereitos e liberdades das persoas.

A Xunta traslada ao conxunto das e dos franceses todo o seu afecto e apoio, e confía en que a lei e o Estado de dereito se impoñan e poñan fin a este fanatismo criminal.

1023 lecturas