Novas
Buscador
- O Centro Galego de Valencia participou en diversos actos dentro das actividades das Fallas 2017 21.03.2017 audio Na Ofrenda á Virxe dos Desamparados tamén participaron as outras dúas entidades galegas do Levante: o Centro Galego de Alacant e o de Castelló. O martes 9 de marzo, como membro da Federación Valenciana de Casas Rexionais de España, varias e varios directivos e a Raíña do Centro Galego, Alba Rodríguez, quen estreaba cargo, participaron na Mascletà... Máis información
- A Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires dá comezo ás súas Escolas Artísticas 20.03.2017 audio Ao longo do presente mes de marzo e dos vindeiros de abril e maio, a Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires dará comezo ás actividades das Escolas Artísticas para o ano 2017 na súa sede (na rúa Moreno, 3281) da capital arxentina. Están programadas activididades de baile folflórico galego en niveis infantil, principiante e... Máis información
- “Agora que corren tempos de incertezas”, afirma Miranda ante as e os galegos en Suíza, “Europa enteira óllavos con respecto e admiración” 18.03.2017 audio O secretario xeral da Emigración gaba a plena integración das comunidades galegas no país durante a celebración do aniversario de ‘As Xeitosiñas’. O alto cargo da Xunta reuniuse previamente coas entidades da zona de Xenebra, ás que explicou as liñas de traballo para este ano. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, preside... Máis información
- Baixa o número de emigrantes galegas e galegos residentes no exterior 15.03.2017 audio Segue a aumentar en 2016, en cambio, o número de cidadás e cidadáns galegos xa nados no Exterior. As e os cidadáns que xa residían fóra e adquiriron a nacionalidade, e os fillos e fillas de persoas galegas da diáspora, configuran as novas incorporacións ao PERE. O número de galegas e galegos nados en Galicia e residentes no Exterior (emigrantes)... Máis información
- Emigración convoca as axudas extraordinarias para familias retornadas en situación de maior dificultade 15.03.2017 audio Esta é unha das tres liñas de fomento do regreso á terra deste departamento, impulsado este ano con 850.000 euros. En febreiro convocáronse as ‘Axudas ao Retorno Emprendedor’ e en breve sairán publicadas as ‘Bolsas Excelencia Mocidade Exterior’. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para... Máis información
- Miranda califica a diáspora en Uruguai de “expoñente claro da nosa capacidade como pobo para construír e desenvolver” os lugares nos que as e os galegos se asentan 13.03.2017 audio O secretario xeral da Emigración, en compañía do embaixador de España, Roberto Varela, e o delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, acudiu á romaría do Centro Galego de Montevideo, o máis antigo en funcionamento do mundo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, concluíu a súa primeira viaxe da lexislatura a Arxentina e... Máis información
- Na súa primeira viaxe a Uruguai nesta lexislatura, Miranda reúne ás e aos representantes de tódalas comunidades galegas presentes no país 12.03.2017 audio Ademais, acompañado polo embaixador de España e o delegado da Xunta, participou na cea de homenaxe ás e aos benefactores do Fogar Español de Montevideo, senlleira institución de asistencia social fundada pola diáspora. Alí, o secretario xeral da Emigración recordou que “boa parte das institucións de atención social e sanitaria máis importantes de... Máis información
- Miranda reúne na súa primeira viaxe da lexislatura a Arxentina ás e aos representantes das comunidades galegas do país 11.03.2017 audio O secretario xeral da Emigración gaba a unidade da diáspora e a súa capacidade de integración nas sociedades de recepción. Pon como exemplo o multitudinario evento ‘Bos Aires celebra Galicia’ como mostra dunha Galicia exterior forte e unida. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai... Máis información
- Malewicz e Miranda pechan a data na que Galicia será por cuarta vez protagonista en Bos Aires 10.03.2017 audio Autoridades da capital arxentina e do Goberno galego acordan o 7 de outubro para a IV edición do ‘Bos Aires celebra Galicia’. As galegas e os galegos do Exterior serán “unha vez máis fundamentais no desenvolvemento e despegue” de Galicia, di o secretario xeral da Emigración en Bos Aires. Canda o delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, presentou... Máis información
- Miranda comeza a súa primeira viaxe da lexislatura a Arxentina e Uruguai cun contacto directo coa diáspora, e para fortalecer as relacións entre a Xunta e ambos países 09.03.2017 audio O secretario xeral da Emigración manterá cadansúa reunión cos directivos e directivas de tódalas comunidades galegas presentes a ambas beiras do Río da Prata. Manterá ademais contactos institucionais co Goberno da Cidade de Bos Aires, e numerosos encontros coa colectividade galega, que suma máis de 200.000 residentes en total. Igualmente,... Máis información
Páxinas |







