O Centro Galego de Valencia participou en diversos actos dentro das actividades das Fallas 2017
Na Ofrenda á Virxe dos Desamparados tamén participaron as outras dúas entidades galegas do Levante: o Centro Galego de Alacant e o de Castelló.
- O Centro Galego de Valencia participou nas tradicionais 'mascletà' e na Ofrenda á Virxe dos Desamparados

O martes 9 de marzo, como membro da Federación Valenciana de Casas Rexionais de España, varias e varios directivos e a Raíña do Centro Galego, Alba Rodríguez, quen estreaba cargo, participaron na Mascletà convidados polo Concello de Valencia.
O venres, 18 de marzo, realízase un dos actos máis importantes da semana falleira: a Ofrenda á Virxe dos Desamparados. Este ano, tal e como vén sendo costume os últimos anos, participaron na mesma os Centros Galegos do Levante español (Castelló, Alacant, ademais da entidade anfitrioa de Valencia).
O son das gaitas, dentro dese ambiente falleiro, deu unha vez máis ese toque de morriña que fixo que tanto os galegos e galegas que visitan a cidade do Turia, como as e os amantes da nosa música, gozaran ao longo do desfile.
O Centro Galego de Valencia estaba presidido no desfile pola Madriña, acompañada polas e polos membros dos centros galegos do Levante, engalanados con traxes rexionais de Galicia para maior deleite do público asistente.
Ao finalizar o pasarúas, as e os membros participantes tocaron e bailaron diversas pezas musicais tradicionais galegas, facendo partícipe ao público asistente dese momento de irmandamento e de fraternidade entre todas e todos.
Os centros galegos do Levante citáronse para o vindeiro sábado 25, no que participarán na Ofrenda da Festa da Madalena en Castelló.
Fonte e fotos: Centro Galego de Valencia
Novas relacionadas